Luz verde ao informe de impacto ambiental da Variante de Carballo tras 3 anos de avaliación
Non foi sen tempo, pero o proxecto de variante de Carballo, deu un paso adiante ao recibir informe de impacto ambiental positivo por parte da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Xunta. Así, o DOG publica a avaliación da primeira fase AC-552 - AC-413 (DP-1905) - DP1914.
A tardanza parecía ser a posible afección ao Castro de Queixeiro, pero o documento establece unha serie de actuacións "para garantir o mantemento dos restos relacionados co ben catalogado que se puidesen ver afectados o proxecto".
A estrada será convencional, de 80km/h e cun carril por sentido.
Unha historia de retrasos
Falamos dunha infraestrutura eternamente solicitada dende a capital carballesa, e que de feito, xa fora prometida en 2006. Anos máis tarde, en 2013, a Xunta realizara varios traballos de desmonte, dando un prazo de execución de 3 anos, pero o proxecto paralizouse e quedou no caixón ata que no 2019 a Xunta tivo que retomar o proxecto pola apresión realizada polo goberno municipal.
En 2020, 4 días antes das eleccións municipais, a Xunta anuncia a licitación da primeira fase. Xa nos Orzamentos de 2022 incluían unha partida de 500.000€ para o proxecto, se ben tamén aparecía unha partida 250.000 e un compromiso de 12 millóns en 3 anos nos Orzamentos de 2021.
O proxecto leva agora 3 anos neste proceso de avaliación ambiental, e trala presión dos BNG e PSOE, que levaron o asunto en innumerables ocasións ao Parlamento, a Xunta parece darlle agora un impulso que esperan sexa definitivo.