Sábado. 12.10.2024
El tiempo

O dragado de Laxe e a Variante de Carballo, demandas de décadas, as únicas apostas dos Orzamentos da Xunta 2020

O PP conta 8 milóns para a Costa da Morte nos Orzamentos da Xunta 2020
 
Circunvalacion de Carballo a Santiago-Foto-CarballoNoticias
Como pasa coa Autovía, a variante de Carballo a Santiago xa ten obras de desmonte feitas, e esquecidas, dende hai anos-Foto-CarballoNoticias
O dragado de Laxe e a Variante de Carballo, demandas de décadas, as únicas apostas dos Orzamentos da Xunta 2020

Presentou esta fin de semana o presidente da Xunta os Orzamentos 2020. Ao longo da semana teremos valoración dos partidos da oposición, pero polo de pronto xa coñecemos a visión do PP comarcal. A necesaria Variante de Carballo é, sen dúbida, o proxecto estrella duns orzamentos, que tamén contabilizan como gran fito as míseras bonificacións nocturnas da autoestrada A Coruña- Carballo.

Certo é que a Xunta xa se comprometera en xuño coa Variante carballesa, pero que se manifesten no papel é importante. Importante pero non definitivo, porque levamos anos lendo os proxectos de continuación do Corredor (xa non Autovía) e sen embargo seguimos esperando, pois parece que este ano nin aparece…

O PP comarcal contabiliza case 8 millóns de euros dos orzamentos do 2020 para comarcas de Bergantiños e de Costa da Morte. Entre eles destacan as obras no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee (non contabiliza os datos concretos máis alá de dar unha partida de 880.000 euros para 6 hospitais da provincia); así como varias partidas para a xestión destes servizos nas infraestruturas hidráulicas en distintos concello da Costa da Morte como Camariñas ou a Laxe. En Carballo tamén se afrontará un Plan de Inundacións en Carballo, necesario para liquidar os problemas sufridos polas forte choivas caídas na localidade nos últimos anos.

Son partidas máis pequenas as que levan a ampliación do polígono de Bértoa (100.000 euros); o Plan de prevención de danos causados polos incendios, mantemento de infraestruturas ou control de pragas en Vimianzo (900.000€); ou o proxecto de desenvolvemento e a adaptación da agricultura e a selvicultura de Coristanco (143.000€).

A Variante e o Dragado de Laxe

As dúas obras importantes para a comarca son a construción da variante de Carballo (250.000 euros este ano e un total de 12 millóns nos próximos 3 exercicios), e o dragado do Porto de Laxe (1.400.000 euros). Dúas obras que a comarca leva solicitando non anos, décadas.

Novas relacionadas

Comentarios