Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O proxecto da Circunvalación de Carballo, a exame ambiental

Variante Carballo Circunvalacion mapa
O proxecto da Circunvalación de Carballo, a exame ambiental

Segue dando pasiños pequenos o proxecto da Circunvalación de Carballo. Esa infraestrurura necesaria dende hai décadas para evitar que os camións do polígono de Bértoa atravesen o centro da vila para enlazar coa estrada de Santiago.

Esta semana, a Xunta anuncia o sometimento á consulta ambiental o proxecto de trazado da primeira fase da Variante de Carballo, ao procedemento de avaliación ambiental simplificada.
O período de presentación de informes por parte das administracións consultadas estenderase durante un período de 20 días. O documento está dispoñible na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

O propósito desta obra, como vemos no mapa, é conectar o polígono de Bértoa, a AC-552 e a AG-55, situadas ao norte de Carballo, coas estradas DP-1914 (Carballo–Portomouro) e AC-413 (Carballo–Ordes), situadas ao sueste do núcleo urbano de Carballo.
Será unha estrada dunha única calzada cun carril por sentido e os cruzamentos con calquera outra vía de comunicación ou servidume de paso poderanse efectuar a nivel.
A actuación prevé a execución de distintas estruturas, entre as que se inclúen un viaduto de 340 metros de lonxitude sobre o río Anllóns, 2 pasos superiores sobre a variante e un paso inferior baixo a mesma. Tamén se executará un muro de contención de coieira e un marco para o rego Añón.

Deséñase tomando a intensidade media diaria do tráfico no ano horizonte 2045, que se estima oscilará entre os 8.747 e os 11.360 vehículos día, e para unha velocidade de 80 km/h

Futura conexión coa AC-552 polo sur

A execución desta primeira fase permitirá, nun futuro, prolongar esta nova vía cara ao sur, ata alcanzar de novo a AC-552, á altura do enlace de Carballo Oeste da AG-55, pechando por completo unha variante do núcleo urbano polo sur e polo leste.

Novas relacionadas

Comentarios