Mércores. 23.10.2024
El tiempo

A Xunta sinala a posible afectación ao Castro de Queixeiro como o "principal condicionante" para o retraso da Circunvalación de Carballo

Patricia Iglesias PSOE na Comision do Parlamento
Patricia Iglesias PSOE na Comision do Parlamento
A Xunta sinala a posible afectación ao Castro de Queixeiro como o "principal condicionante" para o retraso da Circunvalación de Carballo

Foi xa en 2005 cando comezaba a tramitación da necesaria infraestrura viaria da Circunvalación de Carballo, que uniría o polígono de Bértoa coa estrada de Santiago. En 2013 aprobábase un proxecto que acabou caducando. En xuño de 2019 a Xunta comprometíase a impulsar a Circunvalación de Carballo, unha necesaria infraestrutura viaria, demandanda dende hai décadas, que urxe por dous puntos evidentes: o proxecto a ampliación do polígono (proxectado para 2025), e a seguridade vial (os camións seguen pasando por zona escolar).

Pero a obra segue estacanda. En xullo de 2020, 4 días das eleccións, a Xunta anunciaba a licitación da Variante. A redacción do proxecto xa foi aprobada en decembro de 2020, pero das continuas demandas do empresariado; o proxecto non avanza.

En febreiro de 2022 sometíase a información pública a 1ª fase do proxecto, unha vez cortado en dous (ollo co que pasou coas fases da Autovía…), pero dende esa apenas coñecemos movementos. Tras varias intervencións parlamentarias hoxe era o PSOE o que levaba o tema á Comisión de 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.

Foi a socialista Patricia Iglesias a que intentou arrincar un si ou non por parte da Xunta, sobre se vai executar a fase 1 variante que una o polígono co sur da comarca, polo menos en 2025.

O responsable da Xunta, Menéndez, respondeu cun “rápido si”, pero quixo explicar o punto de tramitación administrativa co proxecto. Explicou que a primeira fase do proxecto (que conta cun orzamento de 18 millóns de euros), do tramo que liga o enlace da AC552 onde a AG-552 coa coa autonómica AC414 e a DP1914, está en proceso de Declaración Ambiental simplificada, pendente dos informes sectoriais.

Concretamente sinalou ao Castro de Queixeiro (destruido nos anos 60) e o seu cruzamento co rego de Bértoa, como “o condicionante máis importante”.

Repreguntado por Iglesias sobre os prazos, Menéndez espera que no final de verán se poidan resolver estes expedientes medioambientais, para en outubro comezar co proceso de expropiacións para poder sacar adiante a prospección arqueolóxica do Castro de Queixeiro. Avanzou que esperan que en 2025 se poda aprobar o proxecto e incluso poidan avanzar na licitación, pero que “non é realista que en 2025 se vaian dedicar 5 millóns nos orzamentos”. “Haberá unha partida plurianual realista”, avanzou.

Menéndez recoñeceu que intentaron acceder aos Fondos Europeos de Transformación e Resiliciencia, demostrando que consideran as infraestruras de asfalto como parte da axenda verde.

Quixo intervir, polas alusións da socialista, o deputado carballés do PP, Rubén Lorenzo, que explicou por que votou en contra da pasada iniciativa do BNG. “Non se pode aprobar algo que non se pode realizar tecnicamente. E non é o BNG o que marca os prazos”, apuntou, ademais de lamentar que “o BNG non tivera en conta unha enmeda do grupo popular”.

Novas relacionadas

Comentarios