A Xunta esquece nos Orzamentos 10 millóns de euros prometidos para o Corredor da Costa da Morte

Presentaba onte o PP algúns datos do orzamento autonómico en relación aos investimentos que a Xunta realizará na Costa da Morte en 2022. Cómpre salientar os 3,43 millóns de euros que os orzamentos inclúen para “a continuación da autovía da Costa da Morte, entre Baio e Berdoias”. Si, “e Berdoias”, unha novidade xa que nos últimos anos o único treito previsto polo ente autonómico era ata Calo (Vimianzo), cuxo proxecto xa está feito (coa incógnita aínda de quen asumirá o enlace co polígono de Vimianzo) se ben o treito de Calo a Berdoias só ten feito o desmonte.
Pasaron xa case dous anos dende que a Xunta presentara o proxecto ata Calo. Dous anos de absoluta parálise a pesar de ter orzamentados no sue día 1 millón de euros para 2020 e 4 millóns para 2021.
Ademais deses 5 millóns practicamente perdidos, de feito, os Orzamentos para 2020 inclúa 8 millóns de investimento na infraestrutura para 2022 e 8 para 2023 e seguintes, tendo un total de 28 millóns en varios anos. É dicir, en apenas 2 anos falamos dun recorte de investimento de 10 millóns de euros.
Outros investimentos
Ruben Lorenzo, o deputado popular quere resaltar que son un total de 21 millóns para a Costa da Morte. e Fixo un repaso das actuacións máis importantes:
- En relación cos polígonos industriais unha reserva de 450.000 euros para solo empresarial en Carballo por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
- Á Variante de Carballo está previsto destinar unha partida de 500.000 euros para avanzar no seu deseño e trámites administrativos.
- 1,4 millóns de euros para bonificar as peaxes da autoestrada A Coruña-Carballo, AG-55.
- En materia de saneamento, os investimentos de Augas de Galicia suman 5,65 millóns de euros: para o plan de xestión de inundacións do Río Anllóns con 870.000 euros; a mellora da rede de abastecemento da Laracha con 1,85 millóns de euros; ou a actuación máis importante de mellora de saneamento nos concellos de Cee e de Corcubión, que contarán con 2,93 millóns de euros no 2022.
Novas relacionadas
- Maio 21: SEA e Goberno central reiteran que a conexión do Polígono de Vimianzo coa Autovía é responsabilidade da Xunta.
- Marzo 21: Reiteran a necesidade de rematar a Autovía ata Cee, ou polo menos ata Berdoias.
- Setembro 2020: Lembran os case 20 anos de promesas da Autovía Costa da Morte ata Brens.
- Xullo 2020: SEA sobre o enlace do Polígono de Vimianzo: "A Xunta non pode eludir as súas competencias”.
- 03-07-2020: A Xunta devolve a pelota: Que o enlace do Corredor co Polígono de Vimianzo o pague o goberno central.
- 26-06-2020: O Concello de Vimianzo tamén presenta alegacións para que a Xunta reconsidere a problemática do corredor.
- 26-05-2020: SEA formulará alegacións para que a Xunta asuma o enlace do Corredor co Polígono de Vimianzo.
- Febreiro 2020: Anunciada a ampliación da “Vía de Altas Prestacións”, con saída pero sen enlace co polígono de Vimianzo.
- Outubro 2019: Os Orzamentos da Xunta inclúen 1 millón de euros para a VAC, pero as obras non comezarán ata 2021.
- Novembro 18_ “A este ritmo, o Corredor da Costa da Morte estará completo en 2070”.
- Maio 18: A Autovía Costa da Morte, a segunda menos utilizada de toda Galicia.
- Marzo 17: De Autovía a Corredor: Un novo recorte para a imprescindible infraestrutura da Costa da Morte.
- 2016: 13 anos despois, a Costa da Morte terá por fin, media Autovía.