Madrid xa está pescando peixe e marisco da Costa da Morte
Os clientes do Mercado de San Antón de Madrid xa coñecen que se está pescando na Costa da Morte. A través da campaña de promoción e sensibilización do GAC 3 Costa da Morte loestamospescando.com, a bisbarra estivo presente durante a fin de semana en Madrid invitando a unha degustación de peixe e marisco da Costa a todos os asistentes. Un bo xeito de entrar polo dente.
Percebe, ameixa e berberecho foron os produtos estrela, se ben o abadexo e a sardiña tamén foron protagonistas. Ademais de degustar, os clientes e turistas puideron atender ás explicación sobre as características do peixe e marisco desta zona da costa galega, e as súas particularidades.
Estas degustacións repetiranse no mes de decembro, próximas xa ás datas do Nadal.
Un proxecto completo
A proposta de loestamospescando.com é completa. Ademais da realización da web para a venda á canle detallista e público en xeral, vaise artellar un sistema de franquías para pescaderías e mercados ao longo do estado.
Un xeiro este da reserva e compra pola rede de produto fresco procedente das confrarías de Costa da Morte, que ten como finalidade "reducir a intermediación e pór en contacto aos profesionais da venda detallista de peixe e marisco coas propias confrarías representadas no Gac 3 Costa da Morte".
Novas relacionadas
- Pescadores e defensores do medio ambiente levan as gaiolas de salmón de Muros á Fiscalía.
- Un grupo de austríacos coñecen a auténtica Costa da Morte.
- As mariscadoras do Anllóns tamén van a Bruxelas.
- O GAC do sur da Costa aumenta o seu pontencial en turismo mariñeiro.