Venres. 13.09.2024
El tiempo

Máis de 1300 inscritos na carreira 10k Carballo

Máis de 1300 inscritos na carreira 10k Carballo
Impresionante as cifras da carreira 10k Carballo que terá lugar o vindeiro domingo,, 21 de xuño. I é que varias horas antes do peche de recepción de solicitudes xa completaran as 1300 prazas que a organización tiña abertas. A competición, organizada polo Concello de Carballo a través de Carballo Deporte, está incluída no Circuito Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña e transcorrerá por un circuito urbano homologado pola Federación de Atletismo. Como novidade, este ano ábrese a carreira a pitufos e biberóns, polo que os participantes máis pequenos serán os nacidos no 2012. Os primeiros sairán ás 10:00 horas e os últimos que serán, os biberóns, sairán ás 12:50 horas. En total, entre todas as categorías haberá 1689 corredores polas rúas de Carballo. Carlos Adán, olímpico en Barcelona 92, e Esther Pedrosa, campioa de España de gran fondo e posuidora de 19 campionatos galego, exercerán de padriños da carrerira ademáis de participar na mesma. Un grupo de corredores dos clubs carballeses de atletismo e outros a nivel particular, incluído un deportista en cadeira de rodas, reuníronse recementemente para comprobar o percorrido da carreira que este ano pretende ser máis rápido.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios