Máis de 2.000 familias de Ponteceso xa reciclan o aceite usado
Máis de 2000 botellas (de 10 litros) repartiron por todo Ponteceso os traballadores da empresa Collecting Oil durante a campaña de posta en marcha do programa de recollida de aceite usado doméstico. Unha botella en cada casa familiar, dando conta a preocupación polo medio ambiente dos veciños e veciñas da vila de Pondal, que saben que cada litro de aceite tirado polos desaugadoiros pode chegar a contaminar máis de 1.000 litros de auga.
Unha vez rematado o repartol, o servizo xa está en funcionamento, de xeito que as familias poden ir almacenanao do aceite usado na cociña (ou das latas de conservas) ata a data de recollida, que se indica na tapa. O día da recollida deberán deixar o recipiente nun lugar accesible para que o persoal da empresa, que irá debidamente uniformado e en vehículos rotulados, poida realizar a recollida e volver a deixar o bote baleiro.
A empresa, que está autorizada para a xestión deste residuo, transportará o aceite á súa planta de valorización, situada en Carballo, para tratalo e reutilizalo para a produción de biodiésel.