Máis de 50 estradas serán acondicionadas co Plan de Conservación de vías
Ata 52 pequenas estradas da Costa da Morte serán acondicionadas co Plan de Conservación de vías provinciais. Un Plan que inclúe actuacións coma o desbroce de maleza, apertura de cunetas, tratamento das estradas, colocación ou reubicación de sinais de seguridade viaria, reparación dos sistemas pluviais, asfaltados en superficie no caso de ser necesario, rebacheos…
O Plan da Deputación prevé un investimento de máis de 2 millóns de euros para as estradas dos concellos da bisbarra. E aquí vos deixamos coa listaxe de viais onde serán acometidas esas obras de acondicionamento.
E mentres a A Xunta recoñece case un ano de parálise na Autovía Costa da Morte, e nós seguimos esperando polo ansiado vial.
Cabana, Coristanco, Malpica, Ponteceso e Zas
Cun total de 404.201,35 euros, estas son as estradas destes 5 concellos que van ser acondicionadas:
- DP-1401 Acceso a igrexa de Nantón.
- DP-1402 De Ponteceso a Pedra por o Bosque.
- DP-1403 Balado a Allebe.
- DP-1404 Acceso Dolmen de Dombate.
- DP-1405 Pazos a Leas por Beres.
- DP-1406 Neaño o Allo por Cesullas.
- DP-1908 Acceso a Igrexa de de Cances.
- DP-1910 Oca a Cances por Verdes.
- DP-1911 Molino de Cereiro a Soutullo.
- DP-1912 Coristanco a Rus.
- DP-2901 Coristanco a Cereo.
- DP-2902 Agualada a Cuns.
- DP-2903 Portoquintáns a estrada Coristanco a Cereo.
- DP-2905 acceso á ponte de Porcariza.
- DP-2906 Rial a batilongo.
- DP-4301 Rabuceiras a feira de Leiloio.
- DP-4302 Rabuceiras á igrexa de Leiloio.
- DP-4303 Acceso a igrexa de Cambre.
- DP-4304 Cerqueda a estrada de Buño a Laxe.
- DP-4305 Acceso a San Tirso de Vilanova.
- DP-4306 Esteiro a Barizo.
- DP-4307 Malpica a Ponteceso.
- DP-6801 Da Campara a Corme por Brantuas.
- DP-6802 Da igrexa de Nemeño a estrada de Buño a Laxe.
- DP-6803 Acceso á praia de Balarés.
- DP-6804 Corme ó Roncado.
- DP-6805 Campara a Pazos.
- DP-7701 Antes a Grixoa por Vilar.
- DP-7702 Santa Catalina a Esmorode.
- DP-9301 Da estrada Coruña-Fisterre á estrada Baio-ponteceso por Baio pequeño.
- DP-9302 Zas a Romelle e Forcadela.
- DP-9303 Acceso a Follente.
- DP-9304 Zas a Ventoselo.
- DP-1914 Carballo a Portomouro (65.932,34 euros).
- DP-2904 Coristanco a Santa Comba (242.438.53 euros).
Camariñas, Laxe, Muxía e Vimianzo
Cun total de 146.691,16 euros, estas son as estradas destes 4 concellos que van ser acondicionadas:
- DP-1601 Ponte do Porto a Camelle.
- DP-1602 Porto do Porto a Camelle por Arou.
- DP-1603 Ponto do Porto a Quintáns.
- DP-001 Baio a Laxe.
- DP-5201 Muxía a Touriñán pola costa.
- DP-5202 Muxía á ermita de nosa señora da Barca.
- DP-9201 Acceso á igrexa de Carantoña.
- DP-9202 Ponte do Porto a Carnes.
- DP-9003 Caxadas a Baíñas.
Cee, Corcubión, Dumbría e Mazaricos
Cun total de 199.292,42 euros, estas son as estradas destes 4 concellos que van ser acondicionadas:
- DP-2301 Bermún a Lires.
- DP-2302 Hospital a Brens.
- DP-2303 Os Molinos ó Km 91 C-552.
- DP-2801 De Corcubión a San Roque por Redonda.
- DP-3401 Acceso a Berdeogas.
- DP-3402 De Bustelo a Caberta por Salgueiro.
- DP-3403 Da AC-552 a Vilarmide por Senande.
- DP-4501 De A Picota a San Xulián de Beba.
Novas relacionadas
- Un autobús escolar pantasma percorre Muros.
- A Xunta recoñece case un ano de parálise na Autovía Costa da Morte.
Fonte
- Deputación.