Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Xunta recoñece case un ano de parálise na Autovía Costa da Morte

A Xunta recoñece case un ano de parálise na Autovía Costa da Morte
Obras-paralizadas-en-Cabana-xa-en-febreiro-de-2012

Malia que en outubro de 2012 o Conselleiro Agustín Hernández insistía que as obras da Autovía non estaban paralizadas, os camións xa non estaban en marcha dende abril. Daquela, o Conselleiro ratificaba que a infraestrutura estaría rematada en 2013 e que as obras xa estaban no 22%, een xuño recoñecía que os movementos de terra xa estaban no 48%.

Pois ben, onte a Xunta recoñecía que os movementos de terra están no 49%. Un avance de 1% nas obras nos últimos 8 meses deixan ás claras a parálise das obras desta fundamental infraestrutura, que lembremos, tiña o seu prazo de execución (falamos do treito Carballo-Berdoias) en maio de 2013. Uns prazos xa desbotados plo propio Conselleiro en setembro do ano pasado.

A realidade é que son moitos meses nos que os veciños da Costa da Morte non senten movemento na infraestrura. Moitas das pistas son utilizadas xa polos veciños para sair os domingos a andar en bici ou dalo pase despois de comer. O peor é que non hai sinos de cambio, e teremos que esperar a que volvan as máquinas a acender os motores, e máis teremos que esperar a ter o treito rematado.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios