Venres. 23.02.2024
El tiempo

Máis de 50 nenos da Costa da Morte xa teñen a súa roupa deportiva

Máis de 50 nenos da Costa da Morte xa teñen a súa roupa deportiva
Grazas a organizacións como Ferroatlántica, Cruz Vermella de Vimianzo e o concello de Santa Comba foi posible entregar roupa deportiva a máis de 50 nenos da Costa da Morte en situación de desigualdade. O acto de entrega tivo lugar esta mañá, ás 12 horas, no local da Cruz Vermella de Vimianzo. Asistiron Justo Trillo, representante de Ferroatlántica, e Alberto Pose, representando a Que Pasa na Costa. O material deportivo, composto principalmente por chándales e polares, comprouse grazas ó importe recadado o pasado 30 de decembo no Partido Solidario celebrado no campo de Fontenla de Santa Comba entre unha selección de xogadores de fútbol da Costa da Morte e o Coruxo F.C., un equipo vigués da 2ª División B. Os cartos para mercar todo este material recaudánronse nas entradas do partido solidario, nos sorteos que se realizaron no descanso do partido co material doado, e tamén coa aportación dos máis solidarios á Fila 0. A entidade Ferroatlántica demostrou, unha vez máis a súa implicación neste tipo de proxectos, coa súa aportación de fondos económicos para esta causa. O concello de Santa Comba celebrará un acto de entrega similar ó de Vimianzo nos próximos días.

Comentarios