Venres. 29.03.2024
El tiempo

Máis de 70 nenos e nenas da Costa da Morte participarán na campaña de esquí da Deputación

Máis de 70 nenos e nenas da Costa da Morte participarán na campaña de esquí da Deputación
campana-esqui-deputacion-2017 A campaña de esquí terá lugar do 19 de febreiro ao 31 de marzo Xa están abertas as inscricións para a "Campaña de esquí 2017" que organiza a área de deportes da Deputación da Coruña e que se desenvolverá entre o 19 de febreiro e o 31 de marzo. Organizaranse diversas viaxes á estación invernal de Leitariegos, en León para fomentar a práctica do esquí entre os nenos e nenas dos municipios coruñeses nados entre os anos 2002 e 2006. Nesta edición participarán un total de 500 rapaces de toda a provincia coruñesas - 73 deles da Costa da Morte - que, como é habitual, estarán repartidos en cinco quendas de cinco días de duración cada unha. As viaxes terán un custe de 95 euros e inclúen transporte, estadía de cinco días en Leitariegos, clases de esquí, monitores, seguro, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados. Inscricións e quendas Os interesados e interesadas en participar deberán presentar no seu concello a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor do solicitante. O prazo de inscrición remata o 23 de xaneiro. As quendas por concellos desenvolveranse nas seguintes datas e co número de prazas indicado entre paréntese ao lado de cada concello. No caso dos municipios da Costa da Morte, as viaxes distribúense na 3ª e na 5ª quenda.
  • 3ª quenda (do 12/03/17 ó 17/03/17): Boiro (8), Brión (4), Camariñas (4), Carnota (3), Cee (4), Corcubión (3), Dodro (3), Dumbría (3), Fisterra (3), Lousame (3), Muros (4), Muxía (4), Noia (8), Outes (4), Padrón (4), Pobra do Caramiñal (4), Porto do Son (7), Rianxo (8), Ribeira (12), Vimianzo (4), Zas (3).
  • 5ª Quenda (do 26/03/17 ó 31/03/17): Arteixo (13), Cabana (3), Cambre (12), Carballo (13), Carral (4), Coristanco (4), Culleredo (12), Laxe (3), A Laracha (8), Malpica (4), Mazaricos (3), Oleiros (13), Ponteceso (4), Santa Comba (4).
Fonte

Comentarios