Xoves. 19.09.2024
El tiempo

Máis de sesenta representantes municipais participan na Mesa Sectorial de Turismo

Máis de sesenta representantes municipais participan na Mesa Sectorial de Turismo
mesa-sectorial-turismo Xosé Regueira, responsable da área de Turismo da Deputación da Coruña, dirixiu a terceira Mesa Sectorial Alcaldes, concelleiros e concelleiras e persoal técnico dos municipios da provincia da Coruña déronse cita onte no Pazo de Mariñán para participar na terceira das reunións convocadas pola área de Turismo da Deputación da Coruña, co fin de coordinar a política turística directamente coas entidades locais. A Mesa Sectorial de Turismo é unha nova ferramenta creada co fin de coordinar, planificar e aproveitar sinerxias das potencialidades para o sector. Desta volta, máis de sesenta persoas responderon á convocatoria e participaron no foro en que se abordaron temas como as aplicación do Plan Único de Concellos na área, a participación en feiras como Fitur, as novas liñas de concorrencia competitiva de Turismo ou a participación no Plan de Patrimonio ademais da posta en común doutras cuestións de índole técnica. “A Mesa Sectorial de Turismo é unha nova forma de operar en política turística, partillada directamente cos concellos, unha nova maneira de traballar que está a dar resultados proveitosos no intercambio de información e na colaboración entre as distintas institucións”, explica Xosé Regueira, deputado de Cooperación, Plans provinciais xerais, Asistencia a municipios,Turismo e Patrimonio histórico-artistico que destaca a relevancia do sector tanto na creación de emprego como no desenvolvemento económico e a difusión exterior da cultura e o patrimonio galegos. Novas relacionadas Fonte

Comentarios