Máis do 90% do alumnado non asistiu ás probas da reválida de 3º de Primaria
 
    08:15 31/05/17 
             Onte, día no comezaron as reválidas de 3º de primaria no curso académico 2016-2017, máis do 90% dos alumnado dos centros públicos galegos dentro do ámbito pertentence á confederación de Anpas Galegas non asistiu ás probas da reválida. Así o decidiron as nais e pais dos alumnos afectados. As probas continúan hoxe.
A confederación valora positivamente estes resultados do 1º día das probas; tanto no que representan o compromiso das familias dos colexios públicos e no que significan de claridade á hora de valorar cal debe ser a resposta da sociedade á aplicación dunha lei reixatada pública e pacificamente en varias ocasións.
Así foron as cifras de asistencia ás reválidas nos centros costeiros:

- CEIP Luís Romero de Carballo: 0 asistentes de 11 alumnos.
- CEIO de Cabana: 0 de 13.
- CEIP Cristina de Carballo: 0 de 24.
- CEIP Celso Emilio da Silva: 0 asistentes.
- CEIP Eugenio López de Cee: 1 de 47.
- CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso: asistiron 11 de 29.
- CEIP Areouta Sardiñeiro -Fisterra: 1 alumno.
- CEIP de Zas: 0 asistentes.
- CEIP Fogar de Carballo: asistiron 18 de 97.
- CEIP Canosa Rus (Coristanco - Carballo): 0 de 15.
- CEIP Santa Eulalia de Dumbría: 0 asistentes.
- CEIP Mar de Fóra de Fisterra: 1 de 21.
- CPI da Picota (Mazaricos): 0 asistencias de 10 alumnos.
- CEIP Gándara de Sofán - Carballo: 0 de 20
- CEIP Bergantiños: 6 de 75
Novas relacionadas
- 23-11-16: Volven as mobilizacións contra as reválidas
- 27-10-16: A comunidade educativa mata as Reválidas e dille non á Lomce
- 26-10-16: A LOMCE e as Reválidas baleiran as aulas de Muros.
- Setembro 2016: Os socialistas critican a mingua da calidade do ensino na comarca de Bergantiños.
- Setembro 2016: En marcha un novo curso escolar.
- Xullo 2016: A federación de ANPAS Costa da Morte fai balance do ano académico.
- Xuño 2016: Versos como balas contra a LOMCE.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Anpas Galegas