Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Máis paro tralo verán

Máis paro tralo verán

Son 12.872 os parados neste mes de setembro de 2011 nas 5 comarcas que abranguen a Costa da Morte, nun total de 19 Concellos, incluíndo ademais dos que tratamos en QPC, os de Carballo, Coristanco, A Laracha e Santa Comba. Quedan, sen incluir os datos máis industriais destes concellos, nos 6751 os parados nos 15 concellos da bisbarra, unha cifra que supera, arredor dun 5%, a dos meses anteriores.

Segundo fontes da Consellería de Traballo, este aumento derívase, fundamentalmente, da finalización das contratacións temporais que se produciron no sector servizos durante a tempada estival. A baixada do sector servizos foi clave.

No que se refire á evolución anual, a evolución segue a ser positiva no conxunto de Galicia, o que supón que en termos porcentuais o desemprego baixou en Galicia entre xaneiro e setembro nun 1,85 por cento.
En termos interanuais, o número de persoas desempregadas incrementouse na Comunidade autónoma en 16.823 persoas, o que supón unha porcentaxe do 7,78% por cento desde setembro de 2010 a setembro de 2011.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios