Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O alcalde de Laracha e Evaristo Lareo imputados polas axudas do Prestige e o campo de fútbol de Caión

O alcalde de Laracha e Evaristo Lareo imputados polas axudas do Prestige e o campo de fútbol de Caión

Aló por xaneiro, preguntabámonos Onde quedaron as axudas do Prestige?. A causa de varios fondos desviados segue xulgado a xulgado, e segundo nos informa hoxe o abogado e director de Xornalgalicia.es, Miguel Delgado, os seguintes en pasar a declarar como imputados polo estrado serán o Alcalde de Laracha, José Manuel López Varela e Evaristo Lareo Viñas, expresidente da Fegacope e Patrón Maior de Caión.

Segundo fontes xudiciais, ambos xa compareceron o pasado martes 21 a declarar no Xulgado de Instrución nº 3 de Carballo como imputados por varios delitos relacionados coas axudas do Prestige (desparecidas) e da corporación municipal, sobre a recualificación e venda do Campo de Fútbol da Insua en Caión e que se xestionou desde o Concello gobernado polo Partido Popular.
Unha denuncia sobre a xestión e ocultación das axudas entregadas para os voluntarios do Prestige, abriu as investigacións previa petición da Fiscalía Provincial da Coruña de cuxo repartición ao xulgado, corresponderon ao Nº 3 de Carballo, onde seguen os procedementos .

Segundo ao abogado, "esta trama pode superar ao caso MALAYA de Marbella, polas impredicibles ramificacións por todas as confrarías galegas e das que Benito González, actual Presidente e membro da etapa de Evaristo Lareo, tamén se atopa inmerso en varios procedementos xudiciais".

O denunciante considera que "as sospeitosas accións de Lareo Viñas e o Alcalde de Laracha "é só a punta do iceberg" de algo moi potente", pero Delgado nas súas afirmacións non deixa fóra á actual Conselleira do Mar, á que tamén criticou polo seu papel neste asunto, á que non exime dalgunhas responsabilidades, así afirma que: "Rosa Quintana coñece esta trama e nunca contestou aos escritos e denuncias que se lle enviaron a través do rexistro dá Xunta. Cando hai un coñecemento sendo unha autoridade hai unha presunción de prevaricación".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do abogado e director de Xornalgalicia.es, Miguel Delgado.

Comentarios