Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Mancomunidade de Fisterra xúntase para aprobar unha lixeira subida da auga

Mancomunidade de Fisterra logo
A Mancomunidade de Fisterra xúntase para aprobar unha lixeira subida da auga

Si, aínda que non o pareza, a Mancomunidade Comarca de Fisterra existe. E mesmo se reúne de cando en vez. Non de xeito bimensual dende a pandemia como está concebido nos estatutos, pero si que se reúnen para tratar varios asuntos. Menos, en calquera caso, dos que se poderían asumir para unha entidade que aglutina unha poboación ideal para tratar cousas como o tratamento de residuos, a radiONeria…

Forman parte da Mancomunidade dúas persoas de cada un dos 5 Concellos, presidida neste momento polo alcalde de Muxía, Iago Toba (outro dos edís expulsados do PSOE non participa); por parte do Concello de Dumbría acoden Raúl González e José Trillo; por Corcubión, o alcalde Lalo Insua e o edil José Ramón Rojo (non puido estar na última reunión); por Cee a alcaldesa Margarita Lamela e o edil do BNG Serxio Domínguez; e por Fisterra o alcalde Jose Marcote e o teniente alcalde Kuka Sar.

Na última reunión trataron un asunto da auga, un tema complexo, sobre o que mesmo a Deputación vén de emitir un informe negativo sobre a pasada renovación do contrato coa empresa concesionaria Augas de Corcubión Cee. De feito, oficialmente o servizo de augas é de carácter municipal (xestión directa nos Concellos de Fisterra e Muxía e xestión indirecta nos Concellos de Cee, Corcubión e Dumbría), polo que a Mancomunidade non debería xestionar a concesión.

En calquera caso, os membros aprobaron unha suba da tarifa da auga, co único voto en contra de Serxio Domínguez, por mor da suba da electricidade.

Comentarios