Venres. 29.03.2024
El tiempo

Mar propón unha veda non remunerada do polbo ante a petición de paro biolóxico do sector

Mar propón unha veda non remunerada do polbo ante a petición de paro biolóxico do sector

Onte enviaba a primeira hora da mañá unha nota de prensa a Asoar Armega na que facía fincapé na necesidade de establecer unha parada biolóxica do polbo. De feito, a entidade radicada en Corcubión xa tiña solicitado á Consellería do Mar unha parada biolóxica remunerada para o sector que se dedica habitualmente ó polbo. Dende a Asoar propoñen un par de alomenos 2 meses.

A resposta da Consellería non se fixo agardar e antes do mediodía xa anunciaban que a Consellería do Mar consensuará co sector a veda do polbo para garantir a protección e rexeneración desta especie. Matiza a Consellería que fará "veda, e non un paro biolóxico, co obxectivo de obter resultados positivos sobre o estado do recurso. Cabe destacar que a diferencia entre o paro biolóxico e a veda é que o paro é remunerado.

A Consellería e o sector manterán unha reunión o próximo 27 de abril, na que ademais apuntará a necesidade de que a veda sexa reforzada con outras medidas como a talla mínima, os topes de capturas, o número de nasas e a redución do esforzo a través dun horario, tal e como se fixo no 2010.

Veda necesaria

ASOAR-ARMEGA cóntanos por que é necesario o paro: Como ven sendo habitual nestos últimos anos e a partires do meses de abril-maio, o sector pesqueiro galego ten efectuado unha veda temporal anual de dous meses de duración para esta especie. Esta veda resulta necesaria tendo en conta a situación do recurso e atendendo o ciclo biolóxico da especie no litoral galego, sendo nesta época cando as femias realizan a posta de ovos, e coa fin de preservar o recurso e manter así a productividade de cara ás vindeiras campañas.
Durante este período a flota da pesqueira do polbo mudaba a súa actividade cara outras pesquerías, buscando outras alternativas coas que poder desenrolar o seu traballo e garantir a sustentabilidade económica destas embarcacións
.

Nembargantes debemos de ter en conta as dificultades coas que se encontra a flota artesanal galega na actualidade á hora de exercer a súa actividade profesional; dificultades derivadas da acatación de TACS ou cotas, como é o caso da pescada, no que as embarcacións tiveron que paralizar a súa captura durante máis de un mes debido o consumo da cota atribuída para o 1º trimestre, e da que se prevé que a situación para este 2º trimestre sexa similar, ou da xarda no que xa se ten esgotado o total da cuota para o primeiro trimestre do ano; o que engadidas a épocas de vedas de outras especies como o caso da centola, que se encontra pechada ata o vindeiro mes de xuño, imposibilita a alternancia de artes e a diversificación da actividade pesqueira no caso de veda temporal para as embarcacións dedicadas o polbo na nosa Comunidade, que se vería abocada a amarrar en porto, o que conlevaría a un agravamento da xa de por sí difícil situación económica do sector pesqueiro galego

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa da ASOAR-ARMEGA e da Consellería do Mar.

Comentarios