Luns. 29.04.2024
El tiempo

A pesca artesanal volve queixarse por sancións incomprensibles polo balizamento

A pesca artesanal volve queixarse por sancións incomprensibles polo balizamento

A ASOAR-ARMEGA está a recibir nos últimos días distintas queixas e inquietudes transmitidas do sector pesqueiro artesanal galego. A primeira das queixas que o sector está a transimitir a esta Entidade vén de armadores que están a recibir notificacións de procedementos sancionadores referentes a norma que regula a identificación e balizamento de boias nas artes.

A lei

O decreto 424/1993 de 17 de decembro que regula a actividade pesqueira e das artes e aparellos permisibles en Galicia, vixente mentres non se comence a aplicar o novo decreto 15/2011 do 28 de xaneiro, dispón que o balizamento das artes levarase a cabo mediante boias colocadas nos extremos na que se indique de forma visible a matrícula e o folio da embarcación, que durante o día as boias deberán estar equipadas con mastros de 2 metros de altura e durante a noite os extremos da arte estarán dotados de luz.

Sen embargo esta regulación non estivo a ser aplicada na súa totalidade en case ningún caso polas embarcacións, non supoñendo ata o de agora trastorno nin implicando causa de sanción por non acollerse a normativa ao cento por cento. De feito inspección pesqueira daba por válido que as artes estiveran balizadas con boias que simplemente identificasen á embarcación propietaria das mesmas con un rótulo co nome, matrícula e folio da mesma, e non se estaban a levantar actas no caso de que as boias non estivesen balizadas conforme a todas as condicións que recolle a normativa.
De feito hase de ter en conta que si todas as boias utilizadas para balizar o aparello estiveran dotadas con luz, tendo en conta a cantidade de artes que se atopan fondeadas nas nosas costas, esto traería consigo consecuencias negativas para a navegación pola cantidade de luces que se verían no mar, creando confusión a todas as embarcacións que navegan nas nosas costas. Ademais xeraríase unha grave problema de contaminación no caso de que estas boias se soltasen ou se extraviasen, como soe ser habitual, xa que as baterías que estas luces levan poderían ir parar ao fondo do mar coa contaminación que elo supón.

Queixas

Así constatan dende a Asoar, segundo queixas recibidas dende o sector, que na última semana estívose a decomisar aparello por ter mal identificado un dos extremos da arte, o que está a crear malestar no sector. Existen casos concretos, referidos polos nosos asociados, nos que o servicio de inspección decomisou unha cacea de nasas por faltarlle 2 números no rótulo de unha das boias que balizaba o aparello, mentres que no outro extremo da cacea figuraba outra boia que estaba rotulada correctamente, tendo en conta ademais que é moi doado que co paso do tempo os rótulos das boias se vaian desgastando. Así consideran que estas actuacións, por parte do servicio de inspección, non son correctas, xa que o decomiso do aparello, tendo en conta que esta infracción está considerada de carácter leve, parece desmesurado tendo en conta a perda económica que supón para os propietarios das artes que son decomisadas, en relación co dano ou o perxuicio que o incumprimento desta norma poda causar.

Interese recaudatorio

Así parece ser que a Consellería do Mar está especialmente interesada nestas últimas datas en que se aplique correctamente e con toda rigurosidade un Decreto o que lle queda pouco tempo de vixencia, o que parece ser, segundo a ASOAR, de "un afán ou un interese máis ben recaudatorio", que está a mermar aínda máis a difícil situación económica que afronta o sector pesqueiro galego.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Asoar-Armega.

Comentarios