Venres. 29.03.2024
El tiempo

O marisqueo tamén poderá finalmente acoller ás axudas da UE polo Covid-19

O marisqueo tamén poderá finalmente acoller ás axudas da UE polo Covid-19

O sector marisqueiro a pé poderá finalmente acollerse ás axudas por cese de actividade previstas no plan de choque contra a crise do COVID-19 aprobado polo Parlamento Europeo.

Non era sen tempo, unha vez que, por exemplo, o BNG leva desde 2012 pedindo que se inclúa nas axudas utilizando distintos mecanismos para facer presión, tanto desde o escano como eurodeputada como a través do grupo Verdes-ALE, do que forma parte o BNG. De feito, hai apenas unha semana Ana Miranda trasladaba ao Parlamento Europeo a petición de que o sector do marisqueo sexa incluído na modificación do FEMP.

Desta volta tamén puido ser clave a presión dos eurodeputados socialistas Clara Aguilera e Nicolás González Casares, así como do ministro de Pesca Luis Planas e o Goberno de España no Consello Europeo, para forzar a modificación da proposta inicial da Comisión Europea sobre o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, que deixaba fóra a este sector, especialmente relevante na economía galega. Un FEMP que levaba anos esquecendo ao marisqueo a pé e a pesca de baixura.

As axudas terán un efecto retroactivo, desde o 1 de febreiro de 2020, e ata final de ano.

A maiores, aprobouse unha emenda que permite o transvase de fondos entre as diferentes prioridades do FEMP, de maneira que se poderán reorientar ata un 10% do fondos destinados a medidas de control e recompilación de datos a outras necesidades derivadas da crise do COVID.

Novas relacionadas

Comentarios