Domingo. 06.12.2020
El tiempo

Miro Villar rescata as crónicas do xornalista Manuel García Gerpe dende o campo de concentración de Septfonds

Miro Villar rescata as crónicas do xornalista Manuel García Gerpe dende o campo de concentración de Septfonds

Aramados de Manuel Garcia Gerpe con Alvarellos

Xa está nas librarías, e na tenda online de Alvarellos, o novo proxecto literiaro do noso Miro Villar. “Alambradas”, agora tamén “Aramados” foi escrito polo xornalista, avogado e escritor Manuel García Gerpe, durante a súa estancia, en 1939, no campo de concentración francés de Septfonds.

O de Ordes pasou 9 meses durísimos ata que consegue embarcar cara Bos Aires a finais dese ano, cidade onde continúa a loita contra a dictadura, por exemplo, publicando “Alambradas” (Editorial Celta, Buenos Aires, 1941).

Falceu no exilio no 1949, e 71 anos despois, o poeta, tradutor e profesor Miro Villar (Cee, 1965) recupera esta crónica que nunca volvera ser editada, para traela ao galego.

No Limiar, o tradutor, Miro Villar explica que “Non oculta o autor o duro debate político entre os propios refuxiados, o que acontece no exterior e mesmo noutros campos, a través da correspondencia que reciben, ou a discusión política sobre os criterios á hora de escolleren as persoas que poderán exiliarse nalgún dos barcos que se están a preparar, nun proceso cheo de dificultades (...) que revelan en ocasións a baixeza humana en situacións límite”.

 

Artigos de Miro Villar en QPC

 

comentarios