Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Mobilización de vehículos pola supresión da peaxe na AG-55

Mobilización de vehículos pola supresión da peaxe na AG-55
Coche protestando pola peaxe da AG-55-Foto-BNG Arteixo

É surrealista que a concesionaria siga cobrando un treito dunha autopista que só ten un carril dende hai máis dun mes. E se falamos dunha suposta Autovía pola cobran 2,55€ por apenas 30 kilómetros soa aínda máis incrible. É a loita que leva o BNG dende hai anos, esixindo a supresión total da peaxe da AG-55, que estes días concentra as súas accións en Arteixo, pelexando pola supresión, cando menos temporal, da peaxe dos 55 céntimos da portaxe do primeiro treito entre Coruña e Arteixo.

Lembran que “é a única autovía na que se cobra peaxe, e xa foi mal posto desde o seu orixe”. Ademais, coas obras de acceso ao Porto Exterior, un dos carrís foi cortado polo que a peaxe, que se mantén con máis retencións ca nunca, non se corresponde co servizo que ten que prestar unha autopista. Un cobro que consideran "inxusto" e "abusivo".

Nin concesionaria nin administración dan un paso, e por iso o BNG arteixán quere “chamar a atención” sobre a situación. Un tirón de orellas que consistiu nunha trintena de coches que pararon e protestaron na peaxe, pediron a folla de reclamacións e a cubriron provocando ademais máis atasco.

Caso aparte merece o tema dos traballadores. Cada vez hai menos nestas peaxes e xa pola noite podemos atopar un só traballador para os dous sentidos de circulación, prescindindo alomenos dun empregado pero sen rebaixar o prezo.

A AG-55 so ten un carril durante mais dun kilometro Cola tipica da peaxe da AG-55-Foto-BNG Arteixo

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios