Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: O Hórreo na Comarca de Fisterra

O Modesto Patrimonio: O Hórreo na Comarca de Fisterra
Horreo en Bouzas-Berdoias-Vimianzo Horreo en Bouzas, Berdoias Creo que todos coñocemos a función dos hórreos galegos e a súa arquitectura, principalmente os da nosa comarca. O que se poden dar por esquecidos son os nomes das pezas que o compoñen, que os imos a recordar. Tamén existen algúns detalles ou rituais sobre eles que conven expoñer. Polo xeral o hórreo, de cantería, era construído lonxitudinalmente os ventos dominantes para que non penetrara a auga da choiva. A porta de entrada abría cara fora e situábase a un tercio da lonxitude total, polo que se coñecía como o tercio pequeño e o tercio grande. Case todos estaban cubertos con tella do país e rematado no cumio dos extremos cunha pequenas pilastras, polo xeral cuadrangulares, que suxetaban adornos relixiosos feitos de pedra, como unha cruz ou un lampión. Lampion no horreo na Ansean-Outeiro Lampión no hórreo na Anseán-Outeiro Esta costume ven de moi antigo, quizá procedente dos celtas ou romanos que debían protexerse dos fenómenos violentos cunha especie de amuleto para protexer a economía familiar que sustentaba as persoas e os animais domésticos durante todo o ano. Estos inimigos invisibles como as maldicións ou os axentes atmosféricos como os raios, quedarían espantados con estos símbolos. Era o alimento principal dunha familia, coñecido como “millo miúdo” e máis tarde o “millo graúdo” importado de América na época dos Reis Católicos. Os que nacemos na aldea temos que recordar que as hortas onde estaban as casas e os palleiros estaban circundados por loureiros mansos, coa creencia de que esta planta alonxaba os raios. Os Suevos, o aceptar a relixión cristián, tomaron como símbolo a cruz que a colocaban no cumio do hórreo como gardián da colleita. Coa aparición do “millo graúdo”e para evitar os perigros invisibles como as maldicións, o mal de ollo, o poder maligno das bruxas, recurríase a protección Divina colocando unha cruz. Cruz no horreo na Ansean-Fisterra Cruz no hórreo na Anseán, en Outeiro de Rei Todas estas crencias chegaron os nosos avós, creando unha arquitectura característica e un patrimonio etnográfico único no noso territorio. Os peregrinos que nos visitan, mais dunha vez me preguntaron si esos edificios era onde se enterraban os mortos. Esta arquitectura está protexida polo Decreto 449/1973 do 22 de febreiro e a Lei 5/2016 do 4 de Maio sobre o Patrimonio Cultural de Galicia, sendo considerados como Bens de Interés Cultural. Co tempo perdéronse certos rituais como poñer no lateral dereito da porta do cabazo a cruz e a man esquerda o lampión. Os hórreos antigos só poñían a cruz nos dous extremos. Este tipo de construcción está explicado con todo detalle, nun traballo feito pola Arquitecta Técnica Mª José García Centeno no ano 1999. A obra, non publicada, Titúlase “Análisis constructivos de los hórreos del Concello de Dumbría.” Como resultado do inventario final deste traballo, e co permiso da autora, aparecen 745 hórreos de granito e 20 de ladrillo, distribuídos polas sete parroquias da seguinte manera: Berdeogas, 142; Buxantes, 144; Dumbría, 148; O Ézaro, 71; Olveira, 143; Olveiroa 35; Salgueiros, 62. Partes do hórreo galego Partes do hórreo galego  

Artigos relacionados

Olla outros artigos do Modesto Patrimonio

“O Modesto Patrimonio: A Ferigresía de Refoxos” — Que pasa na costa

Comentarios