Multiplícanse os cursos de formación na Costa da Morte
Máis de medio millar de desempregados terán este outono-inverno novos procesos formativos.
Por unha banda, o Concello de Carballo publicou a listaxe definitiva dos 15 alumn@s escollidos para formarse na pioneira Escola Municipal de Hostalaría neste curso 2019-2020.
Por outra, xa están a pleno rendemento os catro Obradoiros de Emprego que forman e empregan a 64 moz@s da nosa comarca.
Non paran as accións formativas á persoas con diversidade de Íntegro, ou de Cogami.
Ademais a hostalería tamén ten ofertas formativas da man da CMAT ou das auditorías personalizadas da presencia dixital con Arela.
O cursos da Cruz Vermella en Vimianzo
Así mesmo, a Asemblea Comarcal de Cruz Vermella en Terra de Soneira vai poñer en marcha o próximo mes de novembro dous novos cursos formativos dirixidos ao público xeral: primeiros auxilios (os sábados 9, 16 e 23 de 8:30h a 15:00, 90€) e manipulador de alimentos (sábado 9 de 10:00 a 13:00).
As persoas interesadas poden obter máis información contactando coa asemblea de maneira presencial, no teléfono 981 71 71 36, ou a través do correo electrónico [email protected].
Máis de 1 millón de euros da Xunta
Hoxe a Xunta informa da implantación de máis de 30 accións formativas subvencionadas que ampliarán as expectativas laborais de 400 persoas na comarca. Os participantes poden escoller o centro e a acción formativa que impartirán as empresas, entidades sen ánimo de lucro e concellos adxudicatarios destas axudas da Xunta.
Os alumnos e alumnas interesados poden acceder a esta formación no portal de Emprego da Xunta, e poderán contactar coa entidade ou o centro para realizar a súa preinscrición no curso da súa elección. Ademais, poderán acceder a un certificado de profesionalidade que lles abrirá novas oportunidades laborais.
Estes son os cursos da comarca:
Entidade |
Especialidae |
Presuposto |
ACERTA FORMACION SLNE |
Atención sociosanitaria a persoas no domicilio |
46.634,40 |
ALFONSO MARTÍNEZ DE LA FUENTE |
Organización e xestión de almacéns |
29.282,40 |
CENTRO DE FORMACIÓN BEGUM, S.L. |
Arranxos e adaptacións de garantías e artigos en téxtil e pel |
36.318,00 |
CENTRO DE FORMACIÓN BEGUM, S.L. |
Arranxos e adaptacións de garantías e artigos en téxtil e pel |
36.318,00 |
CENTRO DE FORMACIÓN BEGUM, S.L. |
Cortinas e complementos de decoración |
33.325,50 |
CENTRO DE FORMACIÓN BEGUM, S.L. |
Cortinas e complementos de decoración |
33.325,50 |
CENTRO DE FORMACIÓN BEGUM, S.L. |
Representación de proxectos de obra civil |
61.275,60 |
CENTRO DE FORMACIÓN BEGUM, S.L. |
Representación de proxectos de obra civil |
61.275,60 |
CONCELLO DE CARBALLO |
Operacións auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios |
41.760,00 |
CONCELLO DE CARBALLO |
Servizos de restaurante |
53.172,60 |
CONCELLO DE CARBALLO |
Soldadura con eléctrodo revestido e TIG |
80.167,80 |
CONFEDERACIÓN GALEGA DE MINUSVÁLIDOS (COGAMI) |
Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais |
34.419,60 |
EINSTEIN FORMACIÓN S.L. |
Actividades administrativas na relación co cliente |
65.183,70 |
EINSTEIN FORMACIÓN S.L. |
Actividades administrativas na relación co cliente |
65.183,70 |
EINSTEIN FORMACIÓN S.L. |
Docencia da formación profesional para o emprego |
33.053,40 |
EINSTEIN FORMACIÓN S.L. |
Docencia da formación profesional para o emprego |
33.053,40 |
GABA FORMACIÓN, S.L. |
COMPETENCIA MATEMÁTICA N2 |
13.777,92 |
GABA FORMACIÓN, S.L. |
COMPETENCIA MATEMÁTICA N2 |
13.777,92 |
GABA FORMACIÓN, S.L. |
COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ N2 |
13.751,22 |
GABA FORMACIÓN, S.L. |
COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ N2 |
13.751,22 |
GABA FORMACIÓN, S.L. |
Organización e xestión de almacéns |
29.282,40 |
GABA FORMACIÓN, S.L. |
Xestión e control do aprovisionamento |
30.022,80 |
GERIATROS S.A.U. |
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais |
37.763,40 |
LUIS FRANCISCO ROGET PÉREZ |
Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais |
34.419,60 |
Natali Asorey Zorraquiano |
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais |
37.763,40 |
Natali Asorey Zorraquiano |
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais |
37.763,40 |
CONCELLO DE SANTA COMBA |
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais |
37.763,40 |
CONCELLO DE SANTA COMBA |
COMPETENCIA MATEMÁTICA N2 |
13.777,92 |
CONCELLO DE SANTA COMBA |
COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ N2 |
13.751,22 |
CONCELLO DE SANTA COMBA |
COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N2 |
3.991,60 |
Novas formativas
- O Forum Carballo encende os fogóns e a serra da formación.
- En marcha os catro Obradoiros de Emprego que acolle a Costa da Morte.
- Outubro e novembro terán sesión formativas de hostalería no Forum Carballo.
- Cal é o estado de saúde da túa empresa na rede? Sesión de auditoría con Arela Comunicación Sostible:
- Ofrecendo ferramentas á mulleres con diversidade funcional que viven rural.
- Xuño 19: Cogami asesora máis de 700 persoas con discapacidade da Costa da Morte en orientación laboral.