Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Cal é o estado de saúde da túa empresa na rede? Sesión de auditoría con Arela Comunicación Sostible

A axencia de marketing Arela Comunicación Sostible prepara para setembro e outubro dúas sesións de auditoría dirixidas a empresas da Costa da Morte co fin de analizar a presenza online das mesmas, así como as súas necesidades de mellora máis inmediatas.
6423cda2-27dd-4e3e-af9b-7e60d7ed19b2 - Copia
Cal é o estado de saúde da túa empresa na rede? Sesión de auditoría con Arela Comunicación Sostible

Moitas empresas non teñen páxina web ou non a teñen actualizada. Son frecuentes as dúbidas sobre que tipo de páxina necesitan e que diñeiro deben investir. Tamén é probable que teñan redes sociais pero que non teñan tempo para xestionalas nin saiban como chegar aos seus clientes a través delas. 
Coñecer e entender as ferramentas básicas de marketingque unha empresa local precisa é algo importante para ter unha presencia profesionalizada en Internet e que as accións que se realice sexan capaces de atraer clientes ao negocio.

Neste sentido, Arela ten pensado unha sesión enfocada a pequenas empresas que teñen os seus clientes nun entorno local ou de proximidade e que non teñen moito tempo/recursos para adicar ao marketing e á comunicación. Así, analizarase unha a unha a situación das empresas participantes. Comentaranse e discutiranse os diferentes casos. A idea é a aprendizaxe colaborativa con exemplos prácticos e casos reais.

PROGRAMA

> Presenza de marca profesional. Logotipos, correos electrónicos, materiais gráficos…
> A páxina web. Necesito unha? Canto debo investir?
> A ficha de Google. Google My Business, tan importante ou máis que a web.
> Redes Sociais. Cales debo empregar e como?
> Creación de contidos. Recursos para alimentar as redes sociais.

> Cando o básico está cuberto, que outras opcións hai? Estratexias e ferramentas para atraer clientes.
 

FORMATO E DURACIÓN

Esta auditoría consiste nunha única sesión de 3 horas de duración cun grupo de entre 5 e 10 participantes. Os interesados poderán apuntarse no horario que consideren máis axeitado.

LUGAR

Cee, A Coruña

Mércores 25 de setembro de 2019

Horario: 18h a 21h

Sábado 5 de outubro de 2019

Horario: 10h a 13h

Podes reservar a túa praza premendo aquí.

Comentarios