Luns. 06.05.2024
El tiempo

O Museo do Pobo Galego acolle unha charla sobre Alan Lomax

Convite Judith Cohen_Alan Lomax copia
O Museo do Pobo Galego acolle unha charla sobre Alan Lomax

O Museo do Pobo Galego organiza este xoves, 6 de xullo, ás 17:00 horas, unha conferencia impartida por Judith Cohen baixo o título “O traballo etnomusical de Alan Lomax en Galícia”. Unha charla moi interesanre para a nosa historia, pois Lomax foi un gran recompilador da música tradicional da Costa da Morte.

Judith Cohen é unha etnomusicóloga canadense, profesora de música na universidade de York (Toronto, Canadá), intérprete e especialista en música sefardí. É unha estudosa da música medieval da península Ibérica e da doutros ámbitos xeográficos, como Grecia,  Balcáns ou Turquía. Tamén é consultora da colección española do etnomusicólogo Alan Lomax e está preparando unha edición dos seus diarios. Como intérprete ten dado moitos concertos, como gravado dous discos con Eduardo Paniagua, músico especializado en música medieval.

Alan Lomax foi un músico e etnomusicólogo estadounidense que viaxou por varios países para recoller as diversas músicas populares e tradicionais. Algunhas destas recollidas foron publicadas en discos, un deles dedicado a Galicia: The Spanish Recordings: Galicia, onde están seis temas galegos, entre eles “Toque de chifro”, interpretada por Xosé María Rodríguez, afiador de Faramontaos (Nogueira de Ramuín), que posteriormente foi reinterpretada polo músico de jazz Miles Davis e editada no disco Sketches of Spain, baixo o título de “The Pan Piper”. No ano 2001 foi editado un cd, baixo a coordinación de Judith Cohen e Luís Costa Vázquez-Mariño, con novos temas da recollida de Alan Lomax. O traballo de Alan Lomax vale upara revitalizar a chmada música folk na década de 1960, como tamén foi importante par ao blues e o jazz.

Alan Lomax estivo en Galicia no inverno do ano 1952, percorrendo localidades como Avión, Corcubión, Fisterra, Hío, Nogueira de Ramuín, Redondela ou Ribadavia e gravando as músicas que a xente interpretaba. Este traballo de recollida é o documento sonoro máis antigo realizado con criterios musicolóxicos en Galicia.

 

Comentarios