Xoves. 28.01.2021
El tiempo

Este Nadal, eu agasallo #engalego

Este Nadal, eu agasallo #engalego

O consumo é unha das nosas ferramentas para participar nesta sociedade. Para moitos, máis importante que o voto. De aí a nosa intención de orientar as compras de Nadal cara o comercio local, en clara sintonía con moitas campañas municipais, aí como de diversas e comprometidas entidades autonómicas.

Temos os exemplos da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) ou a Mesa pola Normalización Lingüística, que nos traen posibilidades de consumir responsablemente, e en galego.

Agasallo.eu

Feito en 2013 en Carballo, o portal Agasallo.eu é unha fermosa colleita difundir agasallos en galego. Este repositorio non é unha tenda en liña, senón unha mostra de produtos que podemos regalar, que están en galego e que encontraremos en tendas físicas ou na Rede.
Tamén en Facebook e Twitter a plataforma trae produtos de aquí, de proximidade, elaborados por empresas e creadores galegos que apostan polo uso da nosa lingua, facendo ademais reflexionar as persoas consumidoras á hora de escolleren os seus regalos, para que tamén a lingua en que están os produtos sexa un factor de elección.

Para facilitar a busca en Agasallo.eu, os produtos están clasificados en nove categorías (Libros, Música, Audiovisual, Xogos, Tecnoloxía, Téxtil, Experiencias, Alimentación e Outros), que á súa vez se dividen en subcategorías tendo en conta a temática e a idade, co fin de favorecer a procura de regalos dirixidos ao público infantil e xuvenil (en libros, audiovisuais e música).

Catálogo da Mesa

Paralelamente A Mesa pola Normalización lanza un extenso catálogo (tamén descargable en pdf) con centos de propostas de compras e agasallos de Nadal en galego. Un catálogo que forma pare do proxecto “Abertos ao Galego”.

“Os xoguetes non teñen sexo. Non llelo poñas ti”

Achegamos aquí tamén a campaña da Concellaría de Igualdade do Concello de Carballo a prol de agasallos non sexistas. A campaña publicitaria que arrincará esta fin de semana complementarase co reparto de máscaras reutilizables a todo o alumnado de infantil e primaria.

Xoguetes sen xenero

comentarios