Venres. 29.03.2024
El tiempo

Neria convoca sen moita publicidade prazas para o Centro de Coñecemento

Neria convoca sen moita publicidade prazas para o Centro de Coñecemento

Esta semana a Asociación Neria abría o prazo para presentar candidaturas para as prazas de Director/coordinador de Proxectos e 2 prazas de Técnico de proxectos para o Centro de Coñecemento da Costa da Morte. O prazo remata este mesmo venres 14 de outubro, e curiosamente ningún medio tradicional publicitou este concurso.

Se ben o documento do Concurso que publica Neria na súa web ten data do 15 de setembro, non se fixo público ata mesma semana.

En todo caso é unha boa nova, pois parece que o C3M vai cara adiante, malia que sexa cun retraso de órdago.

Será o tribunal formado por Ramón Vigo, Xan Garcia Pouso, Antonio Cundíns e Manuel Valeriano Alonso de León "Pichurri" quen faga a selección dos postos, que entreviste e quen valorará a calidade do inglés dos candidatos.

Aquí vos deixamos cun vídeo desenvolto pola empresa adxudicataria:

Máis información e inscrición

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios