Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Novembro, mal mes para o sector hostaleiro

Novembro, mal mes para o sector hostaleiro
Así nolo contande dende a APTCM, que vén de facer balance da ocupación no último mes. Novembro foi un mal mes para os aloxamentos na Costa da Morte. En turismo rural a media de ocupación sitúase nun escaso 16% e a media para os hoteis está no 12% de ocupación, cifras moi inferiores ás do pasado mes de outubro no que a ocupación media se situou nun 40% para hoteis en un 30% para turismo rural. Na Oficina de turismo que APTCM mantén aberta en Corcubión tamén se notou o descenso de turistas, sobre todo na última quincena do mes. Dos 175 visitantes atendidos, máis da metade concentráronse na primeira fin de semana de novembro.

Futuro

O comezo de decembro tampouco se presenta moi esperanzador xa que gran parte das reservas para esta ponte estanse a anular debido ao mal tempo. Aínda así, o sector espera que as reservas de última hora, se as condicións climatolóxicas o permiten, axuden a mellorar as cifras de novembro. A publicación dos datos de ocupación é posible grazas a colaboración desinteresada dos socios da Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte.

Fonte

  • Nota de prensa de APTCM.

Comentarios