Un novo casting costeiro para a curta “Noa e Lúa”

Cada vez está sendo máis habitual que as produtoras se acheguen á nosa comarca a atopar estrellas. Desta volta trátase do proxecto de fin de carreira de Kai Urban e Lidia López. A curtametraxe intimista “Noa e Lúa” conta, 100% en galego, a historia de dúas nenas e o seu proceso de entrada na madurez, baseado nas vivencias e experiencias da propia directora nesa etapa da súa vida. Os eventos transcorren nunha vila da Costa da Morte, pola zona de Muxía, e “queremos homenaxear a paisaxe costeira e a vida rural na nosa peza audiovisual”, explica Kai.
O proxecto continúa financiándose a través dunha campaña de crowfunding na plataforma Goteo.
A rodaxe realizarase no mes de xuño, concretamente do 21 ao 27. Mentres buscan nenas entre 11 e 13 anos e señoras de entre 65 e 80, con ou sen experiencia no mundo da interpretación, e con coñecemento e facilidade para falar en lingua galega.
Para os interesados, o casting se realizará en A Coruña, os días 28, 29, 30 e 31 deste próximo mes de marzo, e consistirá na interpretación dunha escea do guion e algunhas improvisacións. Para apuntarse ao casting poden enviar un correo a noaeluacorto@gmail.com ca seguinte información:
- Nome da aplicante.
- Idade da aplicante.
- Lugar de residencia.
- Experiencia previa no mundo da interpretación (ainda que non é necesaria, gustaríanos saber a relación das aplicantes coa interpretación).
Ademais solicitan que nos envíen un vídeo que servirá como unha primeira fase de casting. No vídeo as nenas teñen que presentarse e responder as seguintes preguntas:
- De onde es e con quen vives?
- Que che gusta facer no teu tempo libre?
- Tes algunha mascota ou gustaríache ter?
- Por que che gustaría formar parte deste proxecto?