venres. 08.11.2024
El tiempo

Novo mapa turístico da Costa da Morte

Mapa_Turístico_Costa_da_Morte_2022
Novo mapa turístico da Costa da Morte

Un novo mapa con 150 lugares de interese xa está na rúa. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) xa ten a disposición dos visitantes e interesados o novo Mapa Turístico da Costa da Morte.

Un mapa que recolle as cousas máis salientables dos 17 concellos que integran o territorio (Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas), sinalizando praias de surf e arenais salvaxes, roteiros para coñecer monumentos megalíticos e lugares onde poder realizar nas mellores condicións a observación do ceo nocturno e das estrelas, entre outros moitos lugares de interese.

Mapa_Turístico_Costa_da_Morte_2022 2

O novo Mapa Turístico da Costa da Morte tamén incorpora ás empresas que forman parte de APTCM, entidade que representa a iniciativa turística privada. CMAT confía en que durante 2023 a Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte, que preside Pepe Formoso, rexistre un incremento “considerable” de socios, dada a aposta polo asociacionismo no sector e a cooperación público-privada na estratexia de desenvolvemento do territorio.

Tamén hai novidades no eido do patrimonio megalítico, e teñen máis protagonismo tres novos itinerarios, que poden ser consultados na web da CMAT visitacostadamorte, son a Ruta dos Menhires, Polos dolmens de Soneira e Bergantiños e Ruta do Corredor Megalítico.

Outras novas sobre turismo

Comentarios