Un novo reto viral polo Entroido para visibilizar a falta de Pediatras e Matronas en Galicia
En novembro lanzaban un desafío que chegou a milleiros de persoas polas redes. Hoxe, o colectivo Plataforma Pediatras e Matronas Xa volven á carga cun novo reto viral para a xente de cara ao Entroido.
Para este Entroido tan singular, queren animar á xente a disfrazarse, aínda que sexa na súa casa, para que “tirando de humor e de sorna galega, participemos en visibilizar un problema real, a falta de Pediatras e Matronas en Galicia, que lonxe de solucionarse sigue medrando na Comunidade Autónoma”.
O reto consiste en disfrazarse cun batín ou camisa branca de pediatra, ou cunha camisola ou camiseta verde de matrona, podedes baixar un recortable dun fonendoscopio no Facebook Pediatras Galicia tamén dende o Qr do cartel. Facer unha foto e subila o mércores 10 de febreiro as vosas redes sociais (facebook, instagram) co cancelo #pediatrasematronasxa e si podedes etiquetades a @pediatrasgalicia.
Valen fotos das crianzas, de feito dende as ANPAS xa se está a comunicar, das nais e pais, dos avós e avóas, dos tios e tias, en resumo de quen queira participar e apoiar a iniciativa.
Podedes descargar aquí tamén o fonedoscopio
Novas relacionadas
- Novembro 2020: Milleiros de persoas clamaron nas redes a necesidade de máis pediatras e matronas.
- Familias da Costa da Morte lideran unha Plataforma para esixir pediratras e matronas en todo o rural galego.
- DirectosQPC sobre o SERGAS: As principais campañas sobre hábitos saudables en anuncios de refrescos ou galletas”.
- Outubro 2020: 17 anos de promesas pero Fisterra segue sen novo Centro de Saúde
- Outubro 2020: Carnota mobilízase para recuperar o seu servizo de pediatría.
- Setembro 2020: As profesionais do Servizo de Atención Primaria de Vimianzo describen a súa precaria situación.
- Febreiro 2020: Manifestación comarcal en Cee contra os recortes en pediatría: “Somos familias aos que se nos está negando o dereito a unha sanidade pública digna”.