Martes. 23.04.2024
El tiempo

Novo varapao xudicial ao pacto da moción de censura en Coristanco

Novo varapao xudicial ao pacto da moción de censura en Coristanco
Abraham Gerpe e Antonio Pensado Plagaro Abraham Gerpe e Antonio Pensado Plágaro, xuntos na Festa da Pataca do ano pasado

Segue a convulsa e paralizada vida municipal por Coristanco, como un barco á deriva sen patrón. Mentres, a augas xudiciais seguen baixando revoltas. O último remuíño saía o pasado 12 de novembro do Xulgado do contencioso-administrativo número 1 da Coruña, que ditaba sentenza no procedemento iniciado pola secretaria do Concello de Coristanco contra un dos políticos expedientes disciplinarios que o Alcalde, Abrahan Gerpe, lle abriu para cumprir cos seus socios de moción.

Nesta ocasión o argumento do “thriller” que converteu Coristanco no sainete da política municipal galega, versou en que o alcalde quería que a secretaria lle enviase ao xulgado a documentación que consideraba adecuada e onde a proposta do avogado contratado polo concello (xa en diversos plenos a concelleira do BNG apelou á “dubidosa” legalidade da súa contratación a dedo) atribuía á secretaria o cumprimento da execución de sentenza do proceso do aparellador, que ese mesmo Xulgado dispuxera. Unha competencia que non ten a figura da secretaria municipal, se non que é do propio alcalde.

Ante tan escabrosa pretensión a funcionaria pediu aclaracións e, sen máis trámite, Gerpe impúxolle unha sanción leve, xa que outra non pode, nun “expediente” que o Xulgado agora anula considerando que “non expresa de xeito motivado cal é o reproche culpabilístico á recurrente nin a que incidencias se refire o autor do acto, condicionando xa que logo a imposición da sanción ao mero incumprimento o que é insuficiente”.

Como consecuencia, entre outras cousas, máis cargas enconómicas ao Concello, pois ademais dos contratos da devandita asesoría xurídica, e da defensa, agora ten que pagar ás costas do caso á propia secretaria.

Novas electorais

https://quepasanacosta.gal/habera-marea-nas-convulsas-municipais-de-coristanco/ https://quepasanacosta.gal/juan-carlos-garcia-foi-presentado-com/

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Comentarios