Venres. 29.03.2024
El tiempo

Tres novos operativos contra o furtivismo na comarca

Percebeiros furtivos en Camarinas
Material e percebes incautados a dous furtivos de Camariñas pola Garda Civil
Tres novos operativos contra o furtivismo na comarca

Tres novas operacións levadas acabo pola Garda Civil na comarca, cos focos en Lira, Camariñas e Fisterra.

Dous furtivos en Lira

Polbo incautado en Lira pola Garda Civil

A Patrulla Seprona (Paprona) da Garda Civil de Corcubión incautou 55 kg de polbo (que doou a Cáritas Cee), as dous pescadores que carecían de licencia. Eran as 12:30 cando a patrulla se percatou de que un barco descargaba varios capachos cheos de polbo nunha furgoneta isoterma, que sae do porto sen pasar pola lonxa.

A patrulla decidiu parar a furgoneta e corroborou que era polbo e que non tiñan documento que ampare trasladar a mercancía fóra do porto. A Garda Civil realizou a acta-denuncia ao transportista, un veciño da mesma localidade.

En Fisterra

Pasadas as 15:20, os mesmos axentes andaban por Fisterra, e ollan un barco descargando no porto, a pesar de non ter autorizada a descarga. Por iso interceptouse a furgoneta que saía do lugar, comprobando que contiña 4 caixas de polbo (95kg tamén doados para Cáritas Cee). Ao transportista, veciño da vila, se lle aplicou unha acta-denuncia, enviada á Consellería do Mar, por transportar produtos pesqueiros sen a correspondente guía de transporte. Tamén se procedeu a denunciar ao barco.

Polbo incautado en Fisterra

En Camariñas

O terceiro operativo tivo lugar preto do porto de Santa Mariña, en Camariñas. O Servizo Maritimo Provincial aprehendeu 14,3 kg de percebe a dous veciños camariñáns de 29 e 35 anos, despois de observalos “traballando” con equipos de respiración autónomos e unha embarcación.

A Garda Civil procedeu a interceptalos cando saíron nunha furgoneta “a gran velocidade”, aos que lle aplicou unha denuncia por infracción a lei 11/2008 de pesca e en contra do confinamento.

Accións contra o furtivismo en corentena

Comentarios