Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Sancionado un mariñeiro por saír a facer pesca deportiva en domingo

porto fisterra
Todo aconteceu no porto de Fisterra
Sancionado un mariñeiro por saír a facer pesca deportiva en domingo

O pasado domingo, un veciño de Cee trasladouse ata o porto de Fisterra para sacar a súa embarcación de artes menores (ten prohibido saír os domingos). Enteirábase o posto da Garda Civil de Corcubión, que de contado montaba un dispositivo de vixilancia. Ás poucas horas, cando volvía a porto, notou que a Benemérita estaba esperándolle, polo que deu a volta, acelerou e se dispuxo a fondear unha nasa sita á saída do porto fisterrán. Unha manobra perfectamente gravada polos axentes do Seprona.

Unha vez regresou, a patrulla identificou o mariñeiro e pediulle ir xuntos ata a nasa. O home négase mesmo “facendo xestos de burla aos axentes”, que dispoñen o barco de Salvamento Marítimo Don Inda, atracado no porto de Brens, para axudar na operación.

Xa eran ás 21:15 cando chegou a embarcación de Salvamento ata o porto de Fisterra, levantando a nasa fondeada, que contiña 50kg de robaliza, 2 kg de sargo, 1 de xurelo e 1 de xarda.

A Garda Civil procedeu a cursar as pertinentes denucias administrativas ao patrón da embarcación, tanto por non respectar as normas de confinamento, como polo quebrantameto da Ley 6/2009 de Pesca de Galicia, que serán remitirdas á Xunta, e á lei 38/1992 de Impostos especiais, que será remitida á Facenda.

As capturas foron entregadas no centro de Cáritas en Cee, para axudar a familias desfavorecidas.

Novas sobre o cumprimento da corentena

Comentarios