O alcalde de Coristanco, imputado por prevaricación e malversación de fondos públicos
Repasamos a semana pasada a vintena de políticos imputados na Costa da Morte. Un máis para a lista, o alcalde de Coristanco, Antonio Pensado (PP). Unha imputación que chega varios meses despois do rexistro realizado no Concello en febreiro, que deixaba a porta aberta a un caso de corrupción na concesión de obras municipais, por supostos favores a empresas locais.
Hoxe, o Xulgado de Carballo confirmaba a imputación por supostos delitos de malversación de fondos públicos, prevaricación e abuso de influencias.
O Xulgado investiga un par de facturas infladas de gasóleo e de compra dunha excavadora, así como a entrega a “familiares directos” de material comprado polo Concello.
Se ben é posible que os 7 edís que asinaron as actas investigadas tamén poden ser imputados, o alcalde terá que declarar o vindeiro 18 de setembro. Parece que a #OperaciónPataca segue en marcha.
Novas relacionadas
- Unha vintena de políticos imputados na Costa da Morte.
- 17-02-14: O BNG de Coristanco valora o rexistro no Concello e critica o PXOM de Cabana.
- 14-02-14: A concesión de obras municipais volve levar a un Concello de Coristanco ante a Xustiza.
- 12-02-14: Rexistro no Concello de Coristanco por suposto delito de prevaricación e tráfico de influencias.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- La Voz.