mércores. 14.05.2025
El tiempo

O Apalpador e Papá Noel van á escola

O Apalpador e Papá Noel van á escola
senda-nova-apalpador O Apalpador visitou varios centros educativos de Bergantiños Continúan o seu percorrido pola Costa da Morte dúas das figuras máis importantes do Nadal: o Apalpador e Papá Noel. O carboeiro do Courel estivo en Corcubión e tamén en varios colexios da comarca de Bergantiños grazas ás xestións da asociación ambiental Senda Nova. Así, esta semana os centros educativos de Coristanco, A Agualada e o colexio san Luís Romero de Carballo recibiron a visita do Apalpador quen convidou a castañas aos nenos e nenas. O Apalpador e os máis pequenos falaron sobre o lobo ibérico; unha especie emblemática do ecosistema galego que é rexeitada pola sociedade en múltiples ocasións. Durante estes días, o Apalpador deixarase ver polas distintas vilas de Bergantiños e como é tradicional, despedirase da súa visita á Costa da Morte coa baixada dende o Pico de Meda ata o local social do Santiaguiño de Carreira (en Zas) o vindeiro 8 de xaneiro. xogos-senda-nova O pasado domingo tivo lugar na escola unitaria de Oza unha xornada de xogos tradicionais organizada por Senda Nova Mentras o Apalpador continúa coa súa visita pola Costa da Morte, en Senda Nova continúan coa programación do 4º Inverno Ancestral. Así o pasado domingo, día 18, organizaron unha xornada de xogos e xoguetes tradicionais na escola unitaria de Oza na que participaron máis de 50 persoas. E onte comezaron en Verdillo as Historias de Inverno na que os protagonistas dos faladoiros foron os veciños e veciñas do lugar.   Festival de Nadal ceip-da-igrexa-brens Os alumnos e alumnas do CEIP da Igrexa de Brens celebraron onte o festival de Nadal Onte foron varios os centros educativos da Costa da Morte os que celebraron o seu festival de Nadal con motivo do remate do trimestre. Un desles foi o CEIP da Igrexa de Brens que celebrou a súa particular festa no salón de actos da casa da Cultura de Brens onde non faltaron as panxoliñas, unha obra de teatro e a intrepretación de varios instrumentos musicais. Ademais, os alumnos e alumnas tiveron un recordo para os empregados de Ferroatlántica e pediron como agasallo de Nadal que non vendan as centrais para que os seus pais e nais teñan un emprego. papa-noel-vimianzo Papá Noel percorreu onte Vimianzo Papá Noel deixouse ver onte de novo pola Costa da Morte, principalmente no concello de Vimianzo. Estivo un bo anaco cos nenos e nenas da Piroga, na parroquia vimiancesa de Bamiro e tamén visitou o CEIP San Vicenzo e a escola unitaria de Carantoña. Festival de música en Cee escola-musica-cee A casa da Cultura de Cee acolleu onte o concerto de Nadal da Escola de Música. Imaxe: Rafael Quintáns A Escola de Música de Cee ofreceu onte o seu tradicional festival de Nadal na casa da Cultura de Cee. Foron moitos os pais e nais os que quixeron ver este concerto. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios