luns. 11.11.2024
El tiempo

O BNG de Coristanco critica a falsa xenerosidade do edil do PSdG

O BNG de Coristanco critica a falsa xenerosidade do edil do PSdG
Laura-Marino-e-Abraham-Gerpe-en-Coristanco Laura Mariño criticou a falsa xenerosidade detrás da renuncia do edil do PSdG Abraham Gerpe

Hai 10 días o edil do PSdG de Coristanco, Abraham Gerpe, renunciaba ás súas labores como Concelleiro. Unha decisión que, aseguraba, debíase para renunciar á súa dedicación exclusiva para sanear as contas municipais.

Hoxe quere aportar a súa visión dos feitos Laura Mariño, concelleira do BNG, e unha das patas do tripartito que mantén o goberno municipal con Amancio Lavandeira de TEGA á fronte, e co propio edil socialista como apoio.

Mariño, co "ánimo de pechar o debate", denuncia que "non se trata dunha renuncia xenerosa en pro das arcas municipais senón da renuncia a un compromiso político e social (se alguén renuncia ao seu posto de traballo, en consecuencia, o lóxico é que deixe de percibir o correspondente salario)". "O BNG, pola súa banda, aposta pola que considera que nestes momentos é a verdadeira xenerosidade co pobo de Coristanco: manter (e redobrar) o esforzo e o traballo para xestionar da mellor maneira as finanzas municipais e poñer orde en todas as áreas e servizos do Concello, co obxectivo de darlle a volta á lamentable, caótica e preocupante situación que nos deixaron os mandatos do Partido Popular", sinala.

Mariño vai máis alá e deixa claro que "a decisión do portavoz do PSOE supón a ruptura do pacto de goberno asinado vai facer un ano, pois era un pacto de goberno entre tres forzas políticas con unha distribución concreta de áreas de responsabilidade, ademais das directrices políticas". En todo caso, asegura que "o BNG segue considerando vinculante para nós o documento do pacto de goberno".

Mariño quixo matizar ademais que "o BNG coñeceu a noticia da renuncia do portavoz do PSOE ás súas áreas de goberno 24 horas despois de ser rexistrada nas oficinas municipais, e de maneira indirecta, colléndonos totalmente por sorpresa. Respectamos a decisión, pero non as maneiras de facer efectiva dita renuncia".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios