O bo tempo e as festas continúan instalados na #AxendaCostadaMorte

07:15 14/09/18

Meteogalicia
Hoxe os ceos da Costa da Morte alternarán nubes e claros, as temperaturas serán moi semellantes ás destes días e os ventos soprarán do nordés con intensidade moderada. Os ceos estarán practicamene despexados durante o día de mañá sábado e xa o domingo as protagonistas serán as nubes e as brétemas costeiras, ainda que non impedirán completamente o paso do sol. En canto ás temperaturas prevense poucos cambios durante toda a fin de semana con máximas entre os 22 e os 24 grados e polas noites as mínimas quedarán entre os 14 e 15 grados. No mar non se prevé ningunha situación metereolóxica adversa. Os ventos serán como moito moderados, con forza 4-5.Festas
- Festas da Fátima en Cambeda (Vimianzo). Hoxe e mañá continúan as festas en Cambeda para honrar á virxe da Fátima.
- Festas das Dolores en Carnota. En Carnota celebran hoxe e mañá as festas das Dolores nas que os actos litúrxicos e a música ao son da orquesta están asegurados.
- Festas de Castriz. Hoxe arrancan tres días de festa en Castriz, en Santa Comba. A noite de hoxe estará adicada ao calimocho.
- Festas da Virxe do Mar no Ézaro. Hoxe rematan no Ézaro as festas da Virxe do Mar cunha boa verbena a cargo do grupo Aramio e coa actuación de Judit Cundíns.
- Festas de Colúns. Mañá e o domingo a parroquia de Colúns, en Mazaricos, celebran as festas das Dores.
- Festas de Verdillo. En Verdillo tamén honran mañá sábado á virxe das Dolores.
Outras citas
- Ruta nocturna en Corme. Mañá terá lugar a 3ª ruta nocturna polos petróglifos do promontorio de Corme, unha iniciativa da concellaría de Patrimonio de Ponteceso para poñer en valor o patrimonio. Os/as participantes reuniranse ás 21:30 horas no local social de San Adrián de Corme.
- Visita teatraliza en Moraime. Os Quinquilláns guiarán mañá sábado e o domingo, ás 12:30 horas, a visita teatralizada que leva por título "O segredo de Moraime" que terá lugar no Mosteiro. A entrada é de balde.
- Desfile do liño. O patio do Castelo de Vimianzo acolle este sábado ás 18:00 horas do Desfile do Liño organizado pola asociación Amigos do Liño e presentado por Pepe Capelán.
- Concerto nas Torres do Allo. O concello de Zas despide as actividades do verán cun concerto nas Torres do Allo da man do dúo Caamaño-Ameixeras. A cita comez ás 19:00 horas e o acceso é de balde.
- Iluminación nocturna na Fervenza do Ézaro. Mañá sábado, a fervenza do Ézaro volve a iluminarse entre as 23:00 e as 00:00 horas.
Exposicións
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre todos os días durante os meses de verán (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
- Faro Vilán en Camariñas. O faro Vilán acolle durante todo o mes de setembro a exposición “M’eu – Mar. Tempos longos” de Xan Vieito. O horario de apertura da sala de exposicións é de 11:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas.
Máis información
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)