O Concello de Cee compromete o seu apoio cos traballadores de Ferroatlántica
Os membros da sección sindical CIG do Comité de Empresa de Ferroatlántica Cee- Dumbría- Centrais Hidroeléctricas mantiveron onte unha reunión co alcalde de Cee, Ramón Vigo, na que lle trasladaron a súa preocupación ante a situación actual. Dous fornos pechados, materias primas saíndo polo porto de Brens, e na Coruña os compañeiros de Alcoa cun pé na rúa, supoñen unha situación tensa e delicada para centos de familias.
Segundo a CIG a parada da actividade non está xustificada por motivos de mercado senón que persigue o obxectivo da empresa de pechar progresivamente a factoría ceense. Consideran que o paro forma parte dunha estratexia premeditada que pretende deixar a fábrica sen a viabilidade que sontén o acordo que a vincula coas centrais hidroeléctricas, despois da venda fallida das mesmas.
Este sería pois o paso previo para a presentación dun ERE, que segundo o sindicato, anunciarán nas próximas semanas.
Por todo esto, están iniciando unha rolda de contactos cos concellos e os partidos políticos encabezado por Ramón Vigo e o Concello de Cee xa que a fábrica situada en Brens é a máis afectada. O alcalde comprometeu o seu apoio e asegurou que vai iniciar conversacións cos diferentes alcaldes da zona para establecer unha reunión entre as administración locais e o Comité de Empresa e poder establecer así unha folla de ruta cos movementos a seguir. Vigo recoñeceu a gravidade da situación que “afecta a toda a Comarca” e a importancia de poñerse a traballar de forma conxunta xa que só así se podería facer fronte a un eventual ERE.
Máis novas do conflito #Ferroatlántica
- Xaneiro 19: O berro dos traballadores de Ferroatlántica tamén se escoitou na Coruña.
- Xaneiro 19: “O PSOE fai unha boa declaración de intencións a 6 meses vista pero en 15 días algún pode estar xa na rúa”.
- Xaneiro 19: O BNG leva a pleno o peche dos fornos de Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: En Marea critica o peche dos fornos dunha eternamente subvencionada Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: “Fornos apagados, todos parados”.
- Xaneiro 19: A parálise de dous fornos e a retirada de materias primas, avisos previos do ERE de Ferroatlántica.
- Decembro 18: A CIG salta ante o posible ERE temporal nas fábricas de Ferroatlántica.
- Decembro 18: Ferroatlántica despide un traballador que foi delegado sindical da CIG por un comentario nunha rede social.
- Outubro 18: A CIG reclama a anulación da votación na que se aprobou o Acordo Marco en Ferroatlántica.
- Xuño 18: O Comité de Ferroatlántica non saiu con boas sensacións da reunión coa Dirección.
- Maio 18: O Comité queima o Acordo Marco de Ferroatlántica.
- Decembro 17: Os traballadores de Ferroatlántica volven concentrarse contra o chamado “Acordo Marco”.
- Decembro 17: Augas de Galicia confirma que as centrais e a fábrica de Brens son inseparables.
- Novembro 17: “A gran mentira” do Plan Industrial de Ferroatlántica:
- 16-05-17: Preocupación no Comité de Ferroatlántica trala falta de compromiso do Conselleiro de Industria.
- 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas