Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O concello de Coristanco publica o anteproxecto da batata

O concello de Coristanco publica o anteproxecto da batata
Co fin de cumplir coa transparencia, o concello de Coristanco publica na súa páxina web o "Proxecto básico de xeración de combustibles industriais" que a empresa Termo-Biológicas presentou en dito municipio, por rexistro de entrada, o 30 de marzo de 2015. Os interesados poden consultar o anteproxecto así como o estudo de viabilidade tanto a través da web como na Secretaría municipal. O proxecto básico contén os datos referentes ao emplazamento do proxecto, tanto para a parte industrial e agrícola así como para as zonas de carga e descarga. Asemade, o documento recolle a descripción da industria desenvolvendo as instalacións insdustriais e agrícolas. Aquí recóllese unha análise económica do proxectos falando da inversión precisa para levalo a cabo. Entre outro puntos, están un estudio previo ambiental, a xestión de residuos, un estudio previo de saúde e seguirdad, normas e reglamento e a metodoloxía de traballo. O outro documento que pode consultar a cidadanía é o estudo de viabilidade. Novas relacionadas As batatas, as novas inquilinas dos terreos da fallida mina de ouro de Corcoesto Unha reflexión sobre a loita social bergantiñá na documental Tesouro de Corcoesto. Fonte Redacción de QPC ([email protected]). Concello de Coristanco

Comentarios