Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As batatas, as novas inquilinas dos terreos da fallida mina de ouro de Corcoesto

As batatas, as novas inquilinas dos terreos da fallida mina de ouro de Corcoesto
Unha planta industrial de Termo-Biologicas e un cultivo de batata

Parece que vai adiante o gran proxecto industrial de xeración de biocombustible a partir da plantación da pataca doce na comarca de Bergantiños. Así, os terreos da fallida mina de ouro de Corcoesto xa teñen novos inquilinos. Serán as prantacións da tamén coñecida como batata e a industria da empresa Termo-Biológicas, unha firma creada hai poucos meses en Galicia e de matriz foránea (nos EUA e Panamá), a que ocupen esa zona.

Un proxecto que volverá a dividir á comarca, aínda non recuperada da fenda social creada polo proxecto mineiro. Ben é certo que non falamos dunha mina a ceo aberto, nin de cianuro, pero a magnitude mete medo a grupos agrarios ou colectivos con maior conciencia medioambiental, que tanto pelexaron por manter verde a zona.

Dende a empresa aseguran que “o impacto ambiental é practicamente cero”, se ben necesitaría empregar 20.000 millóns de litros anuais de auga ao ano entre uso agrícola e industrial. En todo caso, as dúbidas dos grupos ecoloxistas refírense sobre todo ao posible uso de cultivos transxénicos que poidan contimar augas de outras explotacións cercanas.

Polo lado dos pros, os postos de traballo volven ser os protagonistas. Desta volta dan a cifra de 1.200 empregos, unha vez que falamos de 200.000 metros cadrados de solo e calculan 5 postos de traballo por cada hectárea.

A empresa xa se puxo en contacto con varios concellos da zona e teñen o apoio dos Laracha, Cabana, Coristanco, Carballo, Malpica e Ponteceso. Ademais, asintou un acordo co Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa de Coristanco, coa intención de colaborar e realizar actividades de formación e prácticas nas instalacións da empresa. Ademais, o Fonteboa incorporará temáticas sobre cultivo e aproveitamento enerxético de tubérculos.

O debate volve estar servido.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios