Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O edil do PSOE de Coristanco renuncia á súa dedicación

O edil do PSOE de Coristanco renuncia á súa dedicación
Laura Mariño e Amancio Lavandeira tiveron un susto esta fin de semana tralas palabras de Abraham Gerpe, pero o tripartito BNG-TEGA-PSOE mantense en Coristanco Laura Mariño e Amancio Lavandeira tiveron un susto esta fin de semana tralas palabras de Abraham Gerpe, pero o tripartito BNG-TEGA-PSOE mantense en Coristanco

Días de incertidume no seo do Concello de Coristanco. O tripartito formado por TEGA, BNG e PSOE tambaleouse por uns momentos, a raíz da nova que saltaba o pasado sábado. O edil do PSOE, Abraham Gerpe, tras un mes de baixa, renunciaba á súa dedicación exclusiva como Concelleiro de Urbanismo, o que facía dubidar a moitos, incluídos os seus compañeiros de goberno, da continuidade do tripartito. Unhas dúbidas alentadas tamén pola moción de censura de Santa Comba.

Todo tipo de rumores saíron ás rúas ese sábado, pois a súa renuncia á acta como edil ou a retirada do apoio no goberno, deixaría en minoría aos TEGA e BNG, e podería ata devolver á alcaldía de Pensado Plágaro, ex alcalde popular.

Pero o propio Abraham zanxaba o asunto asegurando que non romperá o goberno tripartito, senón que o único que pretende é "doar o que me resta por cobrar da miña dedicación, uns 108.000€ de aquí a final de lexislatura". Algo que realiza "dada a grave situación económica do concello, e seguindo os pasos do propio alcalde, que xa renunciou a parte do seu soldo polo mesmo motivo".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios