Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O encaixe achega Vigo a Camariñas

O encaixe achega Vigo a Camariñas
Presentacion da Mostra do Encaixe en Vigo O encaixe achega Vigo a Camariñas

A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo acolleu onte a presentación da XXIV Mostra do Encaixe de Camariñas que se celebra nesta localidade durante a Semana Santa, entre os días 16 e 20 de abril, como xa vimos no cartel.

Un Encaixe que tece redes, como o mar e a pesca (ao que tamén lle renderon o seu apoio nestes días convulsos), entre Vigo e Camariñas, resaltando a importancia do concurso de Noveis Diseñadores que se celebran anualmente no certamen. "É unha Mostra que ten carácter internacional. E os vigueses xa senten a Camariñas como seu", destacaron na presentación.

Participaron na presentación varias representantes dos centros de deseño que coincidiron tamén na importancia do concurso de mozos diseñadores para o sector, posto que cada vez quedan menos eventos deste tipo e son máis restrictivos, e elogiaron a iniciativa do Concello de Camariñas. Para Mar Ciorraga, o encaixe de Camariñas representa un "alto valor engadido" en todos os produtos aos que se aplica, mentres que Nuria San Bruno definiuno como unha "xoia" de valor incalculable.

Trataron tamén outros temas como a inclusión do encaixe nos programas de ensino das escolas galegas, insistindo na importancia de dignificar o sector do encaixe.

A concejala Sandra Ínsua recordou que fai vinte e un anos que se puxo en marcha o concurso de mozos diseñadores que tan bos resultados deu e do que saíron recoñecidos modistos. Ademais, anunciou que a firma viguesa Oky Coky presentará unha nova colección nesta nova edición do certamen. Unha delegación de palilleiras participará este fin de semana no encontro de artesanas que se celebra na cidade olívica.

De Vigo ao certame de Noveis Deseñadores

En total cinco mozos de Vigo e o seu comarca participarán neste concurso, que conta cun gran prestixio a nivel nacional. Este ano recibíronse 95 propostas de distintos lugares de España e Portugal dunha gran calidade, aínda que debido ás limitacións de espazo e tempo só puidéronse seleccionar 28. A Mostra do Encaixe de Camariñas, que xa cumpre 24 anos, celebrarase entre os días 16 e 20 de abril.

Na presentación participaron o concelleiro de Distritos, Parques e Xardíns, Limpeza e Comercio da cidade de Vigo, Anxo Rivas González; o alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso; a concejala delegada da Mostra, Sandra Ínsua; a xefa do departamento de Textil, Confección e Pel do CIFP Manuel Antonio, Nuria San Bruno; a directora da Escola Superior de Deseño Goymar en Vigo e directora do Centro Superior Autorizado de Artes Plásticas ao Deseño de Indumentaria Tex- Moda, María do Mar Ciorraga e a directora do Centro de Formación en Deseño de Moda Pin Factory, Beatriz Novas.
Tamén asistiron as tres alumnas destes centros de formación en deseño e moda que participan no concurso de Diseñadores Noveles que se celebran neste certamen: Tatiana López Reboredo (Manuel Antonio), Andrea Rivera Conde e María Mercés Vieites Pérez (Goymar).

Semana Santa 2014

Novas relacionadas

Fonte

    Fonte

    • Nota de prensa de RDF Comunicación.

    Comentarios