martes. 22.04.2025
El tiempo

O Forum de Carballo acolle unha xornada para os formadores e formadoras infantís

O Forum de Carballo acolle unha xornada para os formadores e formadoras infantís
apego Os formadores e formadores infantís terán a oportunidade de participar este sábado na "Xornada de achegamento a recursos en galego" que terá lugar no Fórum de Carballo. O obxectivo é dar a coñecer a gran cantidade de recursos musicais, audiovisuais, dixitais, contos, materiais didácticos, xogos,... que existen e cos que traballar ideas e propostas para o seu manexo, utilidade, potencialidades,... As sesións terán lugar este sábado 24 de outubro en horario de 10.00 h a 14.00 h e de 16.30 h a 20.30 h, e as prazas están limitadas a 25. As persoas que desexen participar deben inscribirse, de maneira gratuíta, no Servizo de Normalización Lingüística, no Pazo da Cultura, no teléfono 981 704 304 ou no enderezo electrónico nelvidal@carballo.gal. As formadoras e formadores participantes coñecerán, por exemplo, discos e outros recursos musicais na rede, ademais de actividades concretas para traballar coa música nas escolas infantís. Tamén farán un repaso polo material que hai arredor do xogo e o movemento, desde os xogos tradicionais até as novas tecnoloxías. Traballarán con contos tradicionais e algunhas dinámicas concretas que serven para poder crear historias propias para os rapaces e rapazas. Ademais destes contidos, coñecerán dinámicas e recursos para traballar coas novas tecnoloxías. Esta é unha acción formativa gratuíta enmarcada dentro do proxecto Apego que procura facilitar a socialización en galego desde a primeira infancia. Novas relacionadas  Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Concello de Carballo.
 

Comentarios