Sábado. 12.10.2024
El tiempo

O GAC continúa trazando as súas liñas de actuación para os próximos cinco anos

O GAC continúa trazando as súas liñas de actuación para os próximos cinco anos
Mesa sectorial dos representantes dos concellos Mesa sectorial dos representantes dos concellos O Gac Costa da Morte continúa coas súas reunións cos axentes do territorio para elaborar a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) para o programa de axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020. Na xornada de onte, realizáronse tres mesas sectoriais, nas que asistiron representantes dos concellos, de entidades do sector social e económico e do sector do mar territorio do Gac. Mesas sectoriais do GAC Mesas sectoriais do GAC Entre todos perfiláronse os obxectivos estratéxicos e liñas de actuación do Grupo para os próximos 5 anos con máis de 30 medidas para financiar no novo período de axudas. Os obxectivos estratéxicos xiran en torno ao Fomento da diversificación produtiva da pesca artesanal, mantemento da actividade vinculada co mar e extracción de insumos das actividades marítimas para outras actividades produtivas. Competitividade sostible das actividades relacionadas co mar e capacitación e ampliación das capacidades dos sectores económico e social relacionados co Grupo de Acción Local Costa da Morte. Novas relacionadas Fonte

Comentarios