O lixo mariño, a debate
          
    08:05 19/07/16 
            
Expertos na retirada lo liño mariño das praias, responsables da area do medio ambiente das distintas administracións locais e público en xeral daranse cita o vindeiro xoves, 21 de xullo, ás 18 horas na sede do CEIDA - Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia - situada no Castelo de Santa Cruz, en Oleiros. O "encontro galego arredor do lixo mariño e das crebas" enmarcase dentro da mostra artística "Cos pés na area" que acolle dito edificio ata finais de mes.
Isa García, artista crebeira de RetoqueRetro; Sven Schwebsch, crebeiro alemán da Costa da Morte; Óscar García, fundador do colectivo Coge 3; Francisco Fernández Nava, escritor e poeta, estudoso das crebas; Xosé Manuel Barros, cofundador do colectivo Mar de Fábula e Carlos Vales, director do CEIDA encargaranse de conducir o encontro que está aberto a público en xeral.
O principal obxectivo do evento é abrir un espazo de debate e de intercambio de experiencias para combater a contaminación que sofre o mar e buscar solucións alternativasao uso dos plásticos na vida cotiá. Os interesados e interesadas en participar poden obter máis información na páxina web do CEIDA.
 
Novas relacionadas
- Mar de Fábula e RetoqueRetro expoñen no CEIDA a mostra “Cos Pés na Area”
 - Mar de Fábula continúa co traballo de limpeza de praias
 - A ensenada do Coído de Touriñan relucirá de novo, agora si, grazas a Mar de Fábula
 - As criaturas caóticas de Mar de Fábula chegan á praia de Ariño
 - Mar de Fábula falará co mar nos coídos do Touriñán
 - Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia
 - Mar de Fábula mobiliza ao voluntariado para limpar a praia do Lago
 - O impacto ambiental dos bastóns de algodón
 - Mar de Fábula e as mariscadoras recuperan a enseada da Basa
 - Os voluntarios de Mar de Fábula curan a ferida plástica do Coído de Touriñán
 - Mar de Fábula prantexa unha limpeza ecolóxica para recuperar a dignidade do Coído de Touriñán
 - Unha fábula moi ecolóxica.
 - A Costa móllase polas súas praias.
 - A veciñanza salva os areais.
 - Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
 - Plásticos que invanden areais.
 - Loitando contra a invasión do plástico.
 - Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
 
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
 - Mar de Fábula