O Mirante: Ciudadanos sitúase como a terceira forza política
13:05 10/11/15
Estimación de votos para as Xerais 2015 en novembro. Fonte: Calos Neira para a Asociación de Medios en Galego
O feito de que se coñecera a data das próximas eleccións xerais- que serán o 20 de decembro -fixo que o mes de outubro fose demoscopiacamente convulso. Así é como o repercute o Mirante de Novembro, o completo estudo da estimación de voto realizada polo experto demoscópico Carlos Neira para a Asociación de Medios en Galego.
Estudo de Carlos Neira
Fonte: Carlos Neira (Calidonia Hibenia) para a Asociación de Medios en Galego
O impulso mediático recibido por Ciudadanos sumado á situación recesiva do resto de grandes partidos provocou un crecemento na formación laranxa semellante ao que experimentara na primavera pasada. Desde as eleccións catalás Ciudadanos sobe 6 puntos, mentres que Podemos perde 3, e PP e PSOE 2 cada un. O partido de Albert Rivera acada e consolida así a terceira posición, e sitúase máis preto do PSOE que de Podemos. Politicamente este cambio substánciase na posibilidade dunha maioría absoluta baseada nun pacto PP+Ciudadanos, que atinxiría entre 177 e 179 escanos.
O equilibrio histórico entre voto a partidos de esquerda e de dereita rompe en favor destes últimos, o que acentúa a crise da oferta partidaria progresista. Malia á división do voto da dereita en dous partidos a porcentaxe de voto que suman PP e C’s supera á rexistrada polos populares en solitario en 2011. Todo o electorado do centro e da dereita está mobilizado neste intre, en tanto que no centro esquerda unha fracción cada vez maior de electores decántanse pola abstención. Moitos votantes progresistas retornan ás formacións ás que lles daban o voto antes da aparición de Podemos. Iso explica a modesta pero continua recuperación de IU desde o verán, ou a tendencia á alza nalgunhas das forzas non estatais e nacionalistas.
Descartada a concorrencia das CUP nas eleccións xerais, as dúas forzas catalás xuntas no Junts pel Si mostran signos de estabilidade. En Euskadi PNV e EH Bildu mostran estabilidade pero con tendencia á alza, xusto na mesma semana en que coñecemos as dimisións da dirección de Podemos no País Vasco. Compromís parece resentirse do debate interno entre Bloc e Iniciativa que marcou a súa axenda este último mes, e perde fol. O BNG apunta cara abaixo nas últimas semanas, e o segundo escano que as enquisas lles prometía volve estar en entredito.
Fonte - Carlos Neira (Caledonia Hibernia) para a Asociación de Medios en Galego
Novas sobre as Eleccións Xerais
- Outubro 2015: O Mirante: PP e PSOE volven caer de cara ás Xerais de decembro
- Setembro 2015: O bipartidismo recupérase segundo o estudo demoscópico O Mirante do mes de setembro.
- Xullo 2015: #OMirante: PP e PSOE recuperan forza mentre Ciudadanos para o seu ascenso
- Xuño 2015: O PSOE achégase ao PP mentras Podemos segue collendo impulso
- Maio 2015: #OMirante: O Partido Popular continúa coa súa caída:
- Abril 2015: #OMirante: Ciudadanos medra a costa do PP.
- Marzo 2015: #OMirante: O PP retoma o mando en intención de voto ante o novo baixón de Podemos.
- Febreiro 2015: : O Mirante: Podemos frea o seu medre pero segue sendo a forza máis votada.
- Xaneiro 2015: Estudio de Carlos Neira para AMEGA: O Mirante: Podemos gañaría as eleccións a día de hoxe.
- Decembro 2014: Estudio de Carlos Neira para AMEGA: Podemos, camiño da Moncloa.
Máis novas políticas
- Unha vintena de políticos imputados na Costa da Morte.
- Eleccións Municipais 2011: Valoracións sobre os Resultados das Eleccións 2011.
- Eleccións Xerais 2011 Eleccións Xerais 2011: O PP arrasa na Costa da Morte igual que en toda España.
Fonte
- Redacción de QPC a raíz do informe de Carlos Neira para a Asociación de Medios en Galego.