O peche da sardiña pon contra as cordas ao sector do xeito
O peche da sardiña está traendo graves consecuencias para o sector da pesca ao xeito. E ante esta situación Asoar-Armega, a entidade radicada en Corcubión, unha das voces máis comprometidas do mar galego, quere “amosar o seu apoio ao sector do xeito”. Entenden que o peche da sardiña “de forma inminente pon contras as cordas a centos de embarcacións que viven desta pesquería durante gran parte do ano. Este peche ven abocando a embarcacións tradicionais, que desde tempos ancestrais veñen desenrolando esta actividade, a verse nunha situación muy comprometida de aquí a final de ano, se non se reabre a pesquería, xa que na maioría dos casos estas embarcacións viven prácticamente desta pesquería, sen ter outra opción máis que a de teren que amarrar”.
Asoar reclama “unha solución urxente que debe pasar por deixar exentos desta prohibición, e libre de TAC, a unha flota que ven pescando sardiña dende tempos ancestrais sen realizar apenas incidencia sobre o recurso, unha flota que foi e segue sendo, para algunhas localidades costeiras, o seu principal eixe socioeconómico e que a súa paralización supoñería un importante prexuicio para estas localidades”.
En todo caso, “entendendo que de non poder atender a esta petición, ou non poder abrir a pesquería para estas embarcacións de xeito inmediato, habería que establecer compensacións económicas para esta flota que axudase a contrarestar tan delicada situación, entendendo tamén que esta debería ser a última opción e que debería primar a reapertura inmediata da pesquería e a liberación do TAC a corto plazo”.
A pesca artesanal, “desamparada”
E por todo isto botan unha queixa “ante unha situación que se ven repetindo constantemente nas pequenas pesqueirías artesanais, que se encontran sempre desamparadas e que son o último eslabón da cadena, dada pola incompetencia e o total desinterés das administracións que solo atenden a interés das grandes empresas pesqueiras, sendo o sector artesanal o gran olvidado. Proba delo, neste caso, é a elaboración dun plan de xestión da sardiña na que solo se ten en conta ó sector do cerco, e deixando totalmente no limbo a unha flota tan importante como a do xeito na captura da sardiña, non pola súa capacidade de extracción, senón pola incidencia socioeconómica que ten nalgunhas zonas e a importancia que ten para centos de familias que veñen dependendo desta arte dende décadas atrás”.
En fotos
E queremos deixarvos aquí a reportaxe fotográfica que El País realizou a bordo do II Toro, co patrón e presidente da Asoar, Luís Rodríguez, como protagonista.
Novas relacionadas
- Alarmante situación a da pesquería do polbo.
- A pesca artesanal responde á Xunta que quere seguir sendo artesanal.
Fonte
- Nota de prensa de ASOAR-ARMEGA.