Luns. 18.11.2019
El tiempo

O PEL impulsa a creación de 88 postos de traballo nas pemes da Costa da Morte

O PEL impulsa a creación de 88 postos de traballo nas pemes da Costa da Morte
O Plan de Emprego Local da Deputación dirixido a pemes impulsa a creaciónde 276 empregos directos en toda a provincia   A Deputación da Coruña impulsa este ano a creación de 276 empregos directos noutras tantas empresas da provincia da Coruña e apoia a 120 emprendedores na mellora da súa competitividade. De todos estes empregos, 88 están rexistrados dentro da Costa da Morte. O BOP publica onte a listaxe das 184 pemes da provincia que recibirán axudas do Plan de Emprego Local (PEL-PEMES 2018) para a contratación de persoal. Unha cifra importante á que se suman as 92 empresas que xa accederon a estas axudas na convocatoria anterior e que acaban de renovar a subvención do PEL para seguir contando cos traballadores/as contratados durante un ano máis. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou “o éxito do programa, xa que a cifra supón un incremento do 23% con respecto ás contratacións do PEL-PEMES do ano pasado, o que amosa a consolidación do PEL como un instrumento útil para crear emprego na provincia e mellorar a competitividade das pequenas empresas coruñesas”. Emprego indefinido “Na Deputación apostamos por crear emprego estable e de calidade”, apuntou González Formoso, que subliñou que o 85% das contratacións realizadas ao abeiro do PEL son de carácter indefinido e o 95% son a xornada completa. As tres liñas do Plan (PEL-PEMES, PEL-EMPRENDE e PEL-CONCELLOS) supoñen xa a creación de máis de 1.000 empregos directos cada ano na provincia da Coruña. Así, cun importante esforzo inversor de 3,1 millóns de euros, a Deputación facilita que 276 persoas accedan a un posto de traballo noutras tantas empresas con sede nos municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña. A través desta liña do PEL, a Deputación financia ata o 75% dos custes salariais totais da persoa traballadora por un periodo de un ano, facilitando o acceso a un posto de traballo das persoas en situación de desemprego, especialmente no ámbito rural, e axudando a autónomos e pequenas empresas a medrar, ao poder aumentar a súa capacidade produtiva coa incorporación de máis persoal. PEL-Emprende valentin-gonzalez-deputacion-coruna O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou o éxito do programa A Deputación da Coruña ven de publicar tamén no BOP do mércores as 120 empresas beneficiarias da liñas de axudas PEL-Emprende destinadas a financiar 146 actividades orientadas ao fortalecemento do tecido empresarial coruñés. Esta liña conta cun orzamento de preto de 520.000 € e supón unha aposta da entidade provincial por favorecer o desenvolvemento da innovación e a competitividade das pequenas empresas coruñesas, apoiándoas na posta en marcha de iniciativas de responsablidade social corporativa, na implementación de plans de márketing e comunicación ou na posta de marcha de accións encamiñadas a impulsar a súa competitividade e expansión nacional e internacional. Das 146 accións que apoiará o programa, 29 destinaranse á posta en marcha de iniciativas de Responsabilidade Social Empresarial: plans de igualdade de oportunidades, certificacións en xestión de calidade e xestión medioambiental, xestión de riscos e control da produción, accións de formación e capacitación do cadro de persoal, colaboracións con entidades sen ánimo de lucro, plans de actuacións internas, melloras laborais e sociais e innovación. Un total de 88 empresas desenvolverán plans de márketing e comunicación, mentres que 29 entidades destinarán as axudas do PEL-Emprende a actuacións encamiñadas ao impulso da súa competitividade e expansión. Un 24% das empresas con axuda concedida neste programa xa están a ofertar o seu produto/servizo no mercado internacional e o 37% iniciará con estas axudas a súa internacionalización. En canto á distribución por comarcas das solicitudes concedidas, o 45 % das mesmas proveñen da comarca da Coruña, que acada un financiamento de 232.438,78€, o 17% da comarca de Santiago cun importe concedido total de 85.828,77 € e o 14% da comarca de Ferrol onde se financian 62.920,00 €.Seguen un 6% na comarca de Betanzos (33.5020,00€) e un 5% na comarca de Bergantiños (23.482,00€). As comarcas de Soneira, Barbanza e Noia agrupan cada unha delas o 2,5% do total das axudas concedidas, que supoñen 14.400,00€, 13.440,00€ e 11.788,80 € respectivamente e a comarca de Ordes que acada o 3,3% (14.495,29 €). De entre os concellos de menos de 20.000 habitantes da Costa da Morte, destacan os de Cee e Zas onde as solicitudes con orixe nas empresas situadas neses concellos acada practicamente o 100% das solicitudes presentadas. No referente á tipoloxía das entidades que presentaron a súa solicitude a esta liña de axudas, o 61% son microempresas, seguido dos autónomos/as que acadan o 31% das axudas concedidas, un 11,7% de pequenas empresas e só un 1,7% de medianas empresas, polo que o compromiso de achegar axudas ao pequeno tecido empresarial do territorio rural aparece acadado.  
CONCELLO IMPORTE CONCEDIDO TRABALLADORES CONTRATADOS
Cabana de Bergantiños 26.012,06 € 3
Camariñas 49.500,00 € 4
Carnota 15.000,00 € 1
Cee 116.784,67 € 10
Corcubión 13.500,00 € 1
Dumbría 13.500,00 € 1
Fisterra 13.500,00 € 1
Laxe 22.472,28 € 2
Mazaricos 269.280,12 € 23
Muros 35.816,59 € 3
Muxía 5.585,37 € 1
Ponteceso 10.331,33 € 1
Santa Comba 229.038,23 € 18
Vimianzo 82.564,04 € 8
Zas 118.980,85 € 11
TOTAL 1.104.699,58 88
   

Comentarios